Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas 54 voluntarios/as...


54 voluntarios/as colaboran coa Oficina municipal de voluntariado nas diferentes accións que desenvolve o Concello de Ames

[05-12-2018] Este martes, 5 de decembro, conmemorase o Día internacional do voluntariado. Dende o ano 2002 o Concello de Ames conta cunha oficina municipal de voluntariado que desenvolve ao longo do ano programas de acción social, de atención socioeducativa, así como outros programas de acción voluntaria e sociocomunitarios. Durante estes 16 anos, máis de 350 voluntarios/as colaboraron con este departamento municipal. Na actualidade, 54 voluntarios/as colaboran activamente coa Oficina municipal de voluntariado nas diferentes accións voluntarias desenvolvidas. Dentro do abano de perfís de voluntarios/as, destacan as persoas xubiladas e/ou prexubiladas, así como as mulleres de mediana idade. Todas as actividades están dirixidas e supervisadas polo coordinador da OVA.

Como cada 5 de decembro, hoxe celébrase o Día Internacional do Voluntariado, no que as persoas voluntarias reciben o recoñecemento pola súa importante actividade no eido social a prol dos máis desfavorecidos. E son moitos os motivos polos que os veciños de Ames teñen moito que agradecer aos voluntarios e a OVA pola súa labor social en prol dos veciños/as con dificultades, ben sexan persoas maiores con deficiencias psíquicas ou físicas, mozos en perigo de exclusión social, estranxeiros con necesidades de aprender idiomas, etc.

O Concello de Ames conta dende o ano 2002 o Concello de Ames conta cunha oficina municipal de voluntariado que desenvolve ao longo do ano programas de acción social, de atención socioeducativa, así como outros programas de acción voluntaria e sociocomunitarios. Durante estes 16 anos, máis de 350 voluntarios/as colaboraron con este departamento municipal. Na actualidade, 54 voluntarios/as colaboran activamente coa Oficina municipal de voluntariado nas diferentes accións voluntarias desenvolvidas. Dentro do abano de perfís de voluntarios/as, destacan as persoas xubiladas e/ou prexubiladas, así como as mulleres de mediana idade. Todas as actividades están dirixidas e supervisadas polo coordinador da OVA.

A concelleira de Voluntariado, Isabel González, agradece “o traballo desinteresado e incansable das voluntarias e voluntarios, que fan que o noso concello sexa un referente en voluntariado social. Nos 16 anos que leva a OVA funcionando, máis de 350 persoas deron parte do seu tempo en favor dos demais de forma altruísta. O Concello nunca poderá agradecer toda a súa labor en favor dos demais. Eu como concelleira quero dar as grazas a todos/as os/as voluntarios/as por ser un exemplo e por darme tanto. Tamén teño que agradecer o traballo da persoa que fai posible que todo isto funcione que é Ruben Ramos, o coordinador da Oficina de Voluntariado de Ames".

O traballo da OVA articúlase arredor de tres eixos principalmente: programas de acción social; de atención socioeducativa; e outros programas de acción voluntaria e sociocomunitarios. Deste xeito, dentro do apartado de programas de acción social, desenvólvense actividades de acompañamento a persoas maiores e/ou persoas con discapacidade, de apoio e acompañamento no transporte adaptado municipal, e de acompañamento puntual en centros sanitarios.

Por outra banda, desenvólvense programas de atención socioeducativa no que se encadran as actividades de apoio escolar a menores con diferentes problemáticas sociais. Existen seis grupos diferenciados por idades e necesidades de aprendizaxe. Estas clases, nas que participan 18 nenos/as, impártense en Bertamiráns e no Milladoiro, por parte de 6 voluntarias. Esta iniciativa realízase en colaboración cos programas de educación familiar municipal. Escola Integral de maiores
Ademais destes servizos, os maiores do concello asisten ás clases da Escola Integral de maiores. Dividida entre Bertamiráns e O Milladoiro, esta Escola Integral oferta actividades a 47 alumnos e alumnas. As clases, impartidas por un voluntario e unha voluntaria, divídense en diversos grupos, dependendo do nivel escolar dos alumnos, facilitando así unha ensinanza personalizada e adaptada ás necesidades de cada alumno/a.

Dúas voluntarias imparten clases de español para estranxeiros en Bertamiráns, nas que participan 16 alumnos/as, e no Milladoiro onde asisten 9 alumnas/as. Unha voluntaria tamén imparte un curso de inglés para maiores Achégate ao inglés. Neste curso participan 18 alumnos/as e existen dous niveis: iniciación e perfeccionamento. Asemade, na actualidade, está en marcha o curso de iniciación ao ganchillo, no que participan 26 alumnas.

Outros programas de acción voluntaria e sociocomunitarios
Pero as actividades que xestiona a Oficina de voluntariado de Ames son moitas máis. No curso de seminario de amigos da viticultura e horticultura participan 24 persoas; o curso de patronaxe, corte e confección conta con 16 alumnas; no obradoiro de costura para principiantes hai 15 alumnas; e no obradoiro de relaxación a a través das cores, impartido en Bertamiráns, hai 24 participantes. Estas actividades son impartidas por diferentes voluntarios/as.

Outro das iniciativas máis destacadas da Oficina de Voluntariado de Ames é o roupeiro municipal, un servizo que se encarga de recoller toda aquela roupa ou enseres en bo estado pero en desuso da veciñanza, que en lugar de gardala ou tirala ao lixo prefiren que sexan outras persoas que a necesiten as que a reciban gratuitamente. Así, a veciñanza pode entregar nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro toda aquela roupa que non usa e está en bo estado. Durante o ano 2018 atendéronse a máis de 300 persoas. Tamén se colabora na entrega de alimentos para persoas con máis carencias do concello.

Despois do Nadal, poranse en marcha varias iniciativas. Deste xeito, desenvolverase un curso de informática básica para maiores e mailo programa Para que outros poidan ver, a través da cal se recollen medicamentos e lentes para enviar ao Sáhara.

Campaña de Zocos e trasnos
Cómpre destacar que, por terceiro ano consecutivo, a Oficina de Voluntariado de Ames e a asociación de veciños Vivo en Ames, púxose en marcha a campaña Zocos e trasnos, para a recollida e entrega de xoguetes durante a época do Nadal. Na primeira edición desta campaña entregáronselle agasallos a 180 nenos/as, mentres que na segunda edición, 196 crianzas beneficiáronse deste programa. Nesta iniciativa, as zocas e zocos son nenas e nenos, dos 0 aos 14 anos, cuxas familias están a pasar por un momento de dificultades económicas. O obxectivo da campaña é que ningunha crianza quede sen agasallos este Nadal. De aí a existencia dos trasnos, persoas voluntarias que mercarán un presente para algunha destas nenas e nenos.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925