Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Os locais sociais...


Os locais sociais retoman as sesións de contacontos

[07-01-2019] Os cativos e cativas da casa poden gozar de novo das sesións de contacontos nos locais sociais das parroquias de Augapesada e Bugallido a partir desta tarde, 7 de xaneiro. A primeira sesión xirará en torno á lectura da obra de Blas Rueda Lola e as 21 vacas, que terá lugar esta tarde no local de Augapesada e mañá no de Bugallido.

Tralo Nadal, os locais sociais de Augapesada e Bugallido retoman a súa actividade con dúas novas sesións de contacontos programadas para xaneiro. Así, a programación de contacontos no rural comeza en Augapesada hoxe luns ás 18.00h coa narración de Lola e as 21 vacas, un conto no que Lola terá que atopar, antes de que cheguen seus pais, todas as vaquiñas que se lle escaparon, e que agora ten espalladas polos recunchos menos esperados da casa. No local social de Bugallido, esta sesión terá lugar o martes, 8 de xaneiro, á mesma hora.

A segunda das sesións de contacontos nas parroquias desenvolvese o vindeiro luns 21 de xaneiro, coa lectura do conto Animais de compañía, apoiada no texto de Manuel Lourenzo González. Nesta ocasión, o relato convertese nun xogo de palabras rimado que sementa a confusión e a risa mentres se extenden os rumores sobre unhas estrañas criaturas que chegaron á vila metidas nunha caixiña. Esta sesión terá lugar ás 18.00h o luns en Augapesada e o martes 22 en Bugallido.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925