Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Ames despide o Nadal...


Ames despide o Nadal este sábado cun concerto na Casa da Cultura de Bertamiráns

[08-01-2019] A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o vindeiro sábado, 12 de xaneiro, ás 18.00h o Concerto de Nadal do Concello de Ames. O evento contará coa participación da Asociación Cultural Os Castros, AC Retranqueiros, AC Terras de Ames e AC Follas Novas, así como con actuacións dos grupos Maianas, Airiños do paseo de Colón e o gaiteiro Germán Vázquez Soneira.

Ames pon punto e final á programación de Nadal co Concerto de Nadal, un encontro de agrupacións de música e baile tradicional que terá lugar o vindeiro sábado na Casa da Cultura de Bertamiráns ás 18.00h. Durante a tarde actuarán as asociacións culturais Os Castros, Retranqueiros, Terras de Ames e Follas Novas. Asemade, polo escenario tamén pasarán o grupo amesá de pandereteiras Maianas, o conxunto Airiños do paseo de Colón e o gaiteiro da Maía, Germán Vázquez Soneira.

A entrada para este Concerto de Nadal é gratuíta ata completar aforo.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925