Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas O período...


O período medio de pago situase en 5,63 días

[08-02-2019] A Concellaría de Economía e Facenda dá conta da información periódica trimestral do cuarto trimestre do ano 2018, no que continúa esa rebaixa no período medio de pago ata acadar os 5,63 días. Durante o exercicio 2018 o período medio de pago foi de 11,48 (primeiro trimestre); 8,32 (segundo trimestre); 8,62 (terceiro trimestre); ara chegar á cifra de 5,63 do cuarto trimestre. Esta redución adquire maior importancia se se ten en conta que se incrementou a prestación dos seus servizos e o Concello de Ames ten que atender na actualidade un gran volume de xestión, pois tramita preto de 7.000 facturas ao ano.

Desde o Concello de Ames establecéronse medidas para axilizar a xestión e a tramitación das facturas. Como consecuencia, de xeito paulatino, o período medio de pago foi rebaixándose de 64,59 días, no primeiro trimestre do ano 2015, ata 5,63 días, último dato do que se dispón, correspondente ao cuarto trimestre de 2018.

Dende o departamento económico municipal, e perante o elevado número días que se tardaba en pagar as facturas, puxéronse en marcha diversas medidas para reducilo, entre elas a reorganización dos servizos, o ditado de instrucións de procedementos para axilización na tramitación das facturas, conformidade, pagamento, devolución, etc., nos cales se implicaron todos os departamentos municipais.

Na actualidade, non só se conseguiu reducir o número de días que se tarda en pagar, senón que se está moi por debaixo do prazo legal establecido, que é de 30 días. No terceiro trimestre de 2016 conseguiuse chegar aos 30,72 días. A partir dese momento o período non subiu deses 30 días legalmente establecidos. No cuarto trimestre de 2016 alcanzáronse os 14,77 días. Durante o exercicio 2018 o período de pago situouse en 11,48, no primeiro trimestre; 8,32 no segundo trimestre; 8,62 no terceiro trimestre e 5,63 no cuarto trimestre.

A concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, indica que “estamos contentos de poder anunciar esta forte baixada no Período Medio de Pago a Provedores a 5,63 días, máis cando estamos a falar do último trimestre de ano, no que normalmente se tramitan moitas máis facturas. Os nosos agradecementos a todo o persoal do departamento Económico, polo traballo feito e ao resto do persoal municipal que con traballo conxunto e coordinado entre departamentos fan posible recoller estes froitos”.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925