Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Bertamiráns...


Bertamiráns acolle este venres o concerto de presentación do novo disco de Susana Seivane

[14-02-2019] Susana Seivane dáse cita este venres, 15 de febreiro, na Casa da Cultura de Bertamiráns para presentar ‘FA’, o seu novo disco. A partir das 21.00 horas, os asistentes poderán facer un percorrido por doce novas pezas nas que a artista plasma as súas reflexións sobre a maternidade, a familia e os pequenos momentos da vida diaria. As entradas están dispoñibles na páxina Eventbrite cun custo de 11,09 euros.

Despois de oito anos sen publicar disco, Susana Seivane saca a finais de 2018 o álbum ‘FA’, unha obra adicada aos seus fillos, Fiz e Antón. Nel, a gaiteira fai un percorrido ao longo de doce temas nos que se abre en canal para compartir co público as súas sensacións e sentimentos máis persoais.

Sen perder a súa esencia folk, Susana plasma o que significou para ela ser nai, como entende agora conceptos como a maternidade, as relacións familiares, os pequenos momentos, a plenitude persoal, o medo, a inseguridade ou a felicidade absoluta.

As entradas para asistir a este espectáculo poden adquirirse na páxina Eventbrite. O custo das entradas é de 11,09 euros en venta anticipada.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925