Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Unha charla...


Unha charla informativa da UCGAL no Milladoiro asesora sobre o subministro do gas

[06-04-2019] O local social de JUPEMI (Club de Xubilados e Pensionistas) no Milladoiro acollerá a charla informativa “O consumidor fronte ao subministro do gas”. A actividade, impartida por persoal técnico da Unión de Consumidores de Galicia, terá lugar o mércores, 10 de abril, ás 19:30 horas. A asistencia é gratuíta e libre ata completar o aforo. A charla informativa vai dirixida ao conxunto da poboación amesá.

O principal obxectivo desta actividade é o de despexar as dúbidas existentes sobre o subministro de gas para o cal abordaranse tanto os actuais mercados existentes como os diferentes modos de facturación pasando polos cambios de comercializadora e cuestións relacionadas coa seguridade das instalación do gas e as revisións dos equipamentos. Ademais, achegaranse pautas para evitar as fraudes en relación co subministro deste servizo. A charla informativa vai dirixida ao conxunto da poboación amesá. Trátase dunha actividade gratuíta e libre ata completar aforo.

Esta actividade enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL). Asemade é importante lembrar que os veciños e veciñas que queiran facer algunha consulta nas oficinas de consumo sobre este tema ou calquera outro, soliciten cita previa para dispor dos servizos que ofrece a Unión de Consumidores de Galicia tanto en Bertamiráns coma no Milladoiro. Así poderán facer unha consulta personalizada e individual sobre cada caso en particular.

Os técnicos da UCGAL atenden ás persoas consumidoras do Milladoiro, nas instalacións da rúa Viorneira, número 6, baixo, os martes de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas. En Bertamiráns, as oficinas están situadas no Pazo da Peregrina e a atención ao público realízase os xoves de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas. Para obter cita previa pódese chamar ao número de teléfono 662 13 03 12.

A concelleira de Promoción Económica, Isabel González, anima a veciñanza amesá a que se acheguen ao local do Club de Xubilados e Pensionistas do Milladoiro, o mércores 10 de abril, para poder ampliar os seus coñecemento sobre o subministro e comercialización do gas. Neste encontro os/as técnicos/as da UCGAL tratarán de resolver as dúbidas plantexadas pola veciñanza.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925