Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas A Casa da Cultura de...


A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres unha revisión dos mellores monólogos de Carlos Blanco

[11-04-2019] Carlos Blanco fai unha parada na Casa da Cultura de Bertamiráns este venres, 12 de abril, para facer un repaso polos mellores monólogos do seu repertorio. Durante 60 minutos, o actor revisará os seus monólogos máis coñecidos e botará man da improvisación para engadirlles referencias e reflexións sobre as cuestións máis actuais. As entradas postas á venda na Billeteira electrónica xa están esgotadas, polo que só quedan dispoñibles o 10% reservado para vender en taquilla unha hora antes do espectáculo.

O escenario da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres, a partir das 21.00h, unha revisión dos monólogos máis recoñecidos do humorista Carlos Blanco. Ao longo de 60 minutos, o actor botará man de soliloquios como O porno galego, Galizara, As grandes frases das nosas avoas e avós ou o xa mítico As bravas de Arousa, pero dende un punto de vista actual e aberto. Así, se ben manterá as temáticas orixinais, o actor engadirá tamén novos puntos de vista e temas da máis rabiosa actualidade para mostrarlle ao espectador que os tempos cambian, pero hai cousas moi nosas que sempre se manteñen.

Este espectáculo forma parte da xira que o artista está a realizar para celebrar os seus trinta anos de traxectoria, nos que engloba os seus monólogos máis recoñecidos. As entradas postas á venda a través da páxina web do Concello de Ames xa están esgotadas, polo que só quedan dispoñible o 10% reservado, como é habitual, para vender de xeito presencial na taquilla da Casa da Cultura o mesmo día da función. O custo é de 5 euros, con descontos do 50% para persoas maiores de 65 anos, menores de 12 e estudantes con carné.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925