Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Adxudícanse as...


Adxudícanse as obras de saneamento no núcleo de Susavila de Carballo por un importe de 62.016,95 euros

[16-04-2019] A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación do proxecto que recolle as obras de saneamento no núcleo de Susavila de Carballo, na parroquia de Trasmonte, por un importe de 62.016,95 euros, IVE incluído. Estas actuacións, que foron adxudicadas á empresa Excavaciones José Varela Iglesias, S.L., están financiadas polo Plan complementario do Plan único de Concellos POS+ 2018.

O proxecto contempla a canalización de 1.590 metros de tubería de PVC de 250 milímetros de diámetro e maila execución de 36 pozos de rexistro en calzada para o saneamento, previa escavación dunha zanxa e o posterior recheo compactado da mesma. Asemade, para finalizar as obras, contémplase a reposición do pavimento afectado pola execución das obras.

Para a realización destas obras, a empresa Excavaciones José Varela Iglesias, S.L. conta cun prazo de execución de seis meses, contados a partir do día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación de replanteo. A obra foi adxudicada por un importe de 62.016,95 euros, IVE incluído.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925