Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Trece persoas...


Trece persoas participaron no curso básico de lingua de signos impartido en Ames

[08-05-2019] O Concello de Ames puxo en marcha entre os meses de novembro e abril un curso de lingua de signos española para principiantes, na que participaron un total de 13 persoas. Esta formación desenvolveuse no local de Arcea-Adames do Milladoiro, e constou dun total de 60 horas repartidas en 34 sesións. Ao remate do curso, os participantes obtiveron un certificado acreditativo de ter alcanzado o nivel A1 en linguaxe de signos española, emitido polo Concello de Ames e a Confederación Estatal de Persoas Sordas.

A Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade organizou para os meses de novembro a abril un curso de iniciación na lingua de signos española. A dito curso acudiron un total de 13 persoas, que deron os primeiros pasos na aprendizaxe da lingua de signos utilizada no territorio español.

Dita formación constou dun total de 60 horas repartidas en 34 sesións, e impartiuse no local de ARCEA – ADAMES do Milladoiro entre o 29 de novembro e este 25 de abril, todos os martes e xoves en horario de 17.00 a 18.45h. Ao remate do curso, cada un dos 13 participantes recibiron un certificado emitido polo Concello de Ames e a Confederación Estatal de Persoas Sordas (CNSE), no que se acredita ter alcanzado o nivel A1 en linguaxe de signos española.

Cabe destacar que a nivel global existen diversas linguas de signos posto que, como se indica dende a CNSE, estas foron evolucionando de forma natural co contacto entre persoas ata converterse en “linguas naturais de carácter visual, espacial, xestual e manual en cuxa conformación interveñen factores históricos, culturais, lingüísticos y sociais”. Así, mediante cursos como o realizado en Ames, búscase estender o uso deste tipo de linguaxe co obxectivo de romper as barreiras coas persoas xordas, mellorando a interacción social e comunicativa coas oíntes.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925