Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

As comisións informativas abordan a creación da agrupación de voluntarios/as de protección civil

[26-06-2017] O Concello de Ames celebrou o pasado venres, 23 de xuño, as comisións informativas previas ao pleno ordinario de xuño. Nestas comisións informativas abordouse a creación da agrupación de voluntarios/as de protección civil e a aprobación inicial do seu regulamento. Outros temas abordados foron a aceptación do cambio de titularidade da estrada da parroquia de Agrón, que une os lugares de Piñor e A Ponte Nova, para que pase a ser de titularidade municipal; a terceira modificación puntual da RPT; a revisión de prezos para o exercicio de 2017 do contrato con Urbaser; e mailo convenio de colaboración para a xestión do programa Área de Santiago. Asemade, tratáronse seis propostas presentadas por Ames Novo, Pacto por Ames e polo concelleiro non adscrito, Javier López.

Comeza unha nova edición do Xuño Lúdico con 169 participantes

[26-06-2017] Ao longo desta semana desenvolverase, tanto en Bertamiráns como no Milladoiro, o programa de conciliación Xuño Lúdico. Este ano as actividades están centradas en torno ao teatro, polo que as nenas e os nenos participantes terán que pensar, desenvolver e interpretar a súa propia obra. O programa transcorrerá ata o próximo venres, en horario de 08:00h a 16:00 horas, con servizo de comedor dispoñible.

Música e baile na festa de fin de curso do programa Amessan

[26-06-2017] Este pasado domingo, 25 de xuño, as e os participantes puxeron punto e final as actividades que, durante varios meses, desenvolveron dentro do programa de envellecemento activo Amessan. Durante a festa, que se celebrou no Pazo da Peregrina, puidéronse ver expostos algúns dos traballos realizados durante o curso, escoitar aos tres grupos de pandereteiras do programa, así como bailar ao son da música do dúo musical Eva e Camilo.

O alumnado da EIM A Madalena tamén celebrou o San Xoán na escola

[26-06-2017] As nenas e nenos da EIM A Madalena viviron dobremente o San Xoán, xa que tamén o celebraron na escola. Así, para coñecelo un pouco mellor, o alumnado viu fotos de cacharelas e sardiñadas, cantou cancións vinculadas a esta festividade, lavou a cara coas herbas de San Xoán e incluso saltou unha pequena fogueira.

O Concello de Ames está realizando traballos de limpeza en beirarrúas e vías da zona rural

[24-06-2017] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras Públicas, está realizando traballos de mantemento e limpeza das beirarrúas e das vías interiores da zona rural amesá. Estes traballos estanse realizando principalmente nas parroquias do rural e nos arredores de Bertamiráns e do Milladoiro. Para desenvolver estes traballos contratouse un equipo de xardinería composto de dous operarios, que traballan a xornada completa durante catro meses. Ademais, dous tractores están realizando tarefas de desbroce nas beiras das pistas forestais e das estradas asfaltadas do municipio.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925