Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

O Grupo de Teatro da Terceira Idade de Santa Comba representa unha comedia de Filomena Fraga

[16-09-2005] Troula, o Grupo de Teatro da Terceira Idade de Santa Comba, presenta en Ames a comedia "Eu son de Cobizas". A peza basease nunha obra orixinal da veciña de Ames, Filomena Fraga. A representación, dirixida por Xandra Lesta, terá lugar hoxe venres, ás 20 horas na Casa de Cultura de Bertamiráns. A obra enmárcase dentro do programa da Concellaría de Cultura e Deportes.

Continúan os contactos dos concellos implicados na recuperación integral do río Sar

[15-09-2005] Alcaldes e representantes de Medio Ambiente dos Concellos de Santiago, Ames, Brión, Lousame, Rois, Padrón e Dodro reuníronse en Ames co obxectivo de continuar cos trámites para poder declarar ao río Sar como Espazo Natural de Interese Local.

Ames proba a tecnoloxía Wi-Fi para levar internet ás parroquias

[14-09-2005] Acceder a internet de banda larga naquelas zonas a onde non chega o cabo seguramente se converta nunha realidade en moi pouco tempo. Esta mañá presentouse no concello de Ames un proxecto piloto para a conexión á rede mediante a tecnoloxía Wi-fi de 5ghz, que emprega sinais de radio para transmitir os datos. A diferenza do wi-fi convencional a 2.4 ghz, que xa está moi estendido, o instalado en Ames garante un acceso a internet máis fiable, a maior velocidade e máis lonxe.

Un proxecto de viabilidade de Internet sen fíos será probado nas parroquias de Agrón e Ameixenda

[13-09-2005] O Concello de Ames foi elixido para probar a viabilidade dunha tecnoloxía avanzada de internet sen fíos, co obxectivo de levar internet de alta velocidade a zonas do municipio que non dispoñen de solucións de banda ancha. As parroquias de Ameixenda e Agrón serán as primeiras beneficiarias deste proxecto.

O comercio de Ames recibe por primeira vez axudas económicas do Concello

[12-09-2005] Por primeira vez as asociacións de empresarios e comerciantes de Ames recibiron axudas para a promoción do sector. As subvencións enmárcanse dentro das accións de apoio ao comercio local que se están a promover desde a Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Emprego. Con esta liña de axudas, a Concellaría pretende fomentar o asociacionismo entre as empresas e as organizacións do pequeno comercio.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925