Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

Todo preparado para a Festa da Natureza

[07-06-2005] Catro autobuses percorrerán o domingo, 11 de xuño, durante todo o día as distintas parroquias do concello. O obxectivo é que todos os veciños e veciñas que o desexen poidan achegarse a Tapia para participar na II Festa da Natureza e volver ás súas casas sen necesidade de utilizar coches particulares. Pero nesta ocasión, non se trata só de ofrecer un servizo público. O transporte colectivo é unha máis das múltiples propostas coas que a Concellaría de Medio Ambiente, organizadora da festa, tentará concienciar á cidadanía durante todo o día sobre a necesidade de participar no mantemento, a mellora e a recuperación do medio natural.

Rufino arrasa entre os máis pequenos

[14-05-2005] Estes días o dinosauro Rufino celebra a súa estrea no mundo literario. E é que o Concello e a editorial 3C3 están promocionando entre os rapaces a publicación do libro que conta as súas andanzas. Rufino e as súas rufinadas é unha obra coral escrita por Itos Lorenzo e ilustrada polos nenos e nenas de 3º do colexio do Bispo Guerra Campos. Antonte presentouse en Bertamiráns e hoxe toca facelo na biblioteca municipal do Milladoiro.

Búscase arquitecto/a e un asesor/a xurídico en urbanismo

[09-01-2005] Con cargo á oferta pública de emprego de 2005 o Concello de Ames vén de convocar unha praza para cubrir a vacante do posto de asesoría xurídica para o departamento de Urbanismo. Do mesmo xeito, tamén está aberto o prazo para que os interesados en facerse coa praza de arquitecto municipal boten as súas instancias.

Os Reis Magos de Oriente vencen á choiva

[06-01-2005] Melchor, Gaspar, Baltasar e a súa corte chegaron puntuais ás dúas citas que tiñan este serán no concello de Ames. Primeiro no Milladoiro e logo en Bertamiráns, os Magos de Oriente percorreron as rúas deixando ao seu paso un ronsel de caramelos e ilusións. Nin sequera o orballo que despois tornaría en choiva conseguiu deslucir unha cabalgata que algúns apuntaron como a máis numerosa que se lembra na Maía.

Empezan a funcionar o abastecemento e os sumidoiros en varios lugares de Biduído e Ames

[04-01-2005] As redes que xa están dispoñibles daránlle servizo aos lugares de Raíces -en Biduído- e aos de Castelo, Carreira e parte de Pedras pertencentes á parroquia de Ames. En Raíces funciona a rede de abastecemento de auga e tamén a de sumidoiros, mentres que nos outros tres lugares os veciños poden conectarse unicamente á condución de auga. En calquera caso o Concello informa que quen desexe ter abastecemento de auga deberá solicitalo nas oficinas de Espina y Delfín -empresa concesionaria do servizo- e que a conexión ao alcantarillado é obrigatoria "sempre que a distancia entre a rede e a fincas non exceda dos cen metros".


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925