Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

O Concello homenaxea unha veciña que fai 100 anos

[26-07-2005] Dona Teresa Calvo, veciña de Reino, na parroquia amiense de Trasmonte, fixo 100 anos de idade. Con este motivo, o alcalde de Ames, Carlos Fernández Castro, e a concelleira de Sanidade e Servizos Sociais, Isabel González Cancela, achegáronse ata o domicilio da anciá para felicitala no nome do Concello.

As festas da Madalena programan unha sesión de cine ao aire libre

[23-07-2005] A praza de Manuel Murguía acolle ás 22 horas unha sesión de cine na que se proxecta a película "Os mozos do coro". A actividade, patrocinada pola Concellaría de Cultura e Deportes, enmárcase no contexto das Festas da Madalena do Milladoiro.

O Concello celebrou o día de Galicia cun acto de confraternidade

[23-07-2005] O Pazo da Peregrina foi o lugar elixido para a conmemoración do día de Galicia en Ames. Grupos políticos, veciños e asociacións compartiron a xornada de festa. A música correu a cargo da Camarana Quiodi.

Comezan as Festas da Madalena no Milladoiro

[22-07-2005] Verbenas, música popular, xogos e actividades para nenos conforman o programa das Festas da Madalena do Milladoiro que hoxe comezan coas actuacións da charanga BMV de Calo e a orquestra Jerusalén de Pontevedra.

O grupo Trebón actúa no Pazo da Peregrina

[21-07-2005] Música tradicional, percusión e teatro mestúranse no espectáculo que hoxe ás dez da noite, no Pazo da Peregrina, ofrece o grupo Trebón. A actividade enmárcase dentro do programa "Música na rúa".


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925