Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

Un emprendedor da Confederación Galega de Minusválidos presentará o Programa EQUAL no Milladoiro

[03-11-2005] Un membro de COGAMI, Asociación Galega de Minusválidos, narrará a súa experiencia como emprendedor laboral na presentación do programa EQUAL que se celebrará o luns, día 7 de novembro, no salón de actos da Casa da Cultura do Milladoiro ás 20 horas. A presentación está orientada a informar, difundir e captar posibles beneficiarios do programa EQUAL "Compostela Social". O programa ten como finalidade o fomento da cultura emprendedora, especialmente entre aqueles grupos con maior risco de exclusión laboral. O alcalde de Ames, Carlos Fernández, a concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Emprego, Obdulia Vila e técnicos do programa participarán tamén na presentación.

Medio Ambiente programa unha saída ao monte para identificar cogomelos

[02-11-2005] Saber que fungos son comestibles e cales poden causar danos irreparables na nosa saúde é un dos obxectivos que a Aula da Natureza se propón coa actividade de recollida e identificación de exemplares de cogomelos que terá lugar o sábado cinco de novembro. Esta excursión educativa servirá para poñer remate a actividade "Achégate aos cogomelos" que esta semana programa charlas-coloquios sobre este produto de outono. A primeira das charlas terá lugar o xoves 3 na Casa de Cultura do Milladoiro.

Bertamiráns celebra a Festa do Magosto e do Samaín

[31-10-2005] Unha charla sobre as tradicións populares, un obradoiro de cabazas para conmemorar ao Samaín, a actuación do grupo de gaiteiros "Follas Novas", da Banda de Música de Negreira, da Charanga "O Vendaval" e dos monicreques da Compañía Viravolta Títeres amenizarán a festa do magosto que organiza a Concellaría de Cultura os días catro e cinco de novembro. A festa rematará cun magosto que terá lugar a partir das sete da tarde do sábado, día cinco, na praza de Chavián.

A Aula Aberta de Informática do Milladoiro incia as actividades de outono

[31-10-2005] Un Curso de Iniciación á Informática é a primeira das actividades programada para este outono pola Aula Aberta de Informática do Milladoiro. Este curso celebrarase desde o sete de novembro ao dous de decembro e está dirixido a maiores de 18 anos. Ademais, a Aula Aberta de Informática programa para o mes de decembro cursos dirixidos aos nenos e nenas do Concello que queiran tanto iniciarse como ampliar coñecementos informáticos. As actividades forman parte do "Programa de Cultura Dixital" que promove a Concellaría de Cultura e Deportes.

4o persoas forman parte do dispositivo de organización da carreira pedestre

[30-10-2005] A Policía Local do Concello, voluntarios dos clubs de atletismo Milla de Ouro e Sar e persoal técnico da Concellería de Deportes participan na organización da VI Carreira Pedestre Popular de Ames que hoxe ás once parte do Paseo Fluvial de Bertamiráns. Ademais está previsto que seis membros de Protección Civil de Brión e unha ambulancia da Cruz Vermella vixíen o desenvolvemento da proba.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925