Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

Prazas para todos e todas nos campamentos de verán

[13-06-2006] As oficinas municipais son estes días un fervedoiro de xente que se apresura a presentar toda a documentación necesaria para enviar aos máis pequenos a algún dos campamentos organizados polo Concello para este verán. Malia que nun principio había límite de prazas, finalmente conseguiuse que ningunha nena ou neno quedasen sen gozar dunha estancia en plena natureza. Case 300 rapaces de entre 3 e 12 anos poderán matricularse ata o venres.

O Exército de terra inicia unha nova campaña informativa

[13-06-2006] Igual que ocorre coa vida relixiosa, a vida castrense anda falta de vocacións. Por iso, desde hai algún tempo os tres exércitos bótanse á rúa para informar sobre as vantaxes de ingresar nas súas filas. Estes días chega a Ames un autobús do Exército de terra que estará aparcado o mércores en Bertamiráns e o xoves no Milladoiro.

Bertamiráns acolle o domingo a sexta edición da Milla Urbana

[13-06-2006] A Concellaría de Cultura e Deportes enfila estes días a recta final dos preparativos da sexta edición da Milla Urbana, que se celebrará en Bertamiráns o domingo. Como non podía ser doutro xeito, o traballo céntrase en recoller as inscricións e en ultimar a loxística para que todo saia a pedir de boca. Porén, o departamento de Deportes tamén iniciou unha campaña de promoción da proba para lograr o maior número posible de participantes.

A Escola Infantil A Madalena pranta unha árbore para celebrar a semana do Medio Ambiente

[12-06-2006] Prantar unha árbore para comprobar como vai medrando e crear unha voz común que di Queremos unha escola verde onde poder xogar foi o xeito co que os nenos e as nenas da Escola Infantil A Madalena do Milladoiro celebraron a semana do Medio Ambiente.

I Campus de Fútbol Sala Concello de Ames premia o xogo limpo

[12-06-2006] O fomento do xogo limpo foi unha das pautas formativas que primaron no I Campus de Fútbol Sala Concello de Ames que, desde o día 5 e ata o día 9 de xuño, se desenvolveu no Pavillón Polideportivo de Bertamiráns. Tanto se insistiu nesta cuestión que varios dos premios que se entregaron o día da clausura do Campus baseábanse nesta premisa educativa.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925