Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

Iníciase a I Liga de Inverno de Chave

[13-01-2006] Seis equipos locais participarán durante dez xornadas na I Liga de Inverno de Chave que se celebrará no Pavillón Polideportivo do Milladoiro todos os sábados a partir das seis e media da tarde desde o día 14 de xaneiro ata o 18 de marzo de 2006. A boa acollida obtida o ano pasado polos diversos torneos de chave que se celebraron no municipio motivou a Concellaría de Cultura e Deportes a completar a promoción deste deporte tradicional organizando a I Liga de Inverno.

Lixo con "remite" no Punto Limpo

[12-01-2006] A concellaría de Servizos Básicos anunciou a semana pasada que ía pechar o perímetro do Punto Limpo do Milladoiro para impedir que se continuase amoreando lixo á porta destas instalacións. Sen embargo, xusto antes de poñer as rellas, o Punto Limpo volveu encherse de resíduos. A Policía Local elaborou un informe no que dá datos das empresas das que procede o lixo e agora o Concello acaba de facerlles un requirimento para que o retiren de forma inmediata.

Desenvolvemento Local promove a agricultura sustentable

[11-01-2006] A instancias da Concellaría de Desenvolvemento Local de Ames, os concellos de Rois, Dodro e Ames poñen en marcha un programa de agricultura sostible co que se pretende promover tanto a produción como o consumo de alimentos sans. O programa desenvolverase ao longo de dous anos e catro meses. A Deputación Provincial da Coruña asinou un convenio para co-financiar o primeiro ano do proxecto.

Comeza a programación cultural e deportiva de inverno

[10-01-2006] Os domingos infantís con actuacións de monicreques, a I Duatlón Popular e unhas xornadas de software libre son as novidades máis salientables do programa de inverno que a Concellaría de Cultura e Deportes de Ames pon en marcha para o primeiro trimestre do 2006. O programa consolida ademais os Venres Teatrais, as exposicións no Pazo da Peregrina e as excursións culturais e deportivas.

Todo Ames terá banda larga de acceso a internet antes de tres anos

[10-01-2006] A consellaría de Innovación e Industria vén de informar ao Concello do programa de estensión da banda larga ás zonas rurais e illadas de Galicia. Este programa desenvolverase ata finais do 2008 con cargo a fondos europeos e do ministerio de Industria. Ames vaise ver beneficiado xa desde este ano, dado que de aquí ao remate do programa vaise cubrir todo o territorio municipal con diferentes tecnoloxías.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925