Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

Comeza o cuarto setembro lúdico

[01-09-2006] Cerca de 250 nenos e nenas comezan este venres coas actividades do Setembro Lúdico. Durante seis días e por grupos de idade, os participantes poderán aprender a relacionarse co entorno, desenvolverán as súas capacidades de traballo coas mans e realizarán actividades que fomenten a psicomotricidade, ademais de xogar xa desde ben cedo pola mañá. A actividade, que procura a conciliación da vida familiar e laboral, está organizada pola Concellaría de Educación.

Un novo foco de lume pon en alerta á veciñanza da Ameixenda

[01-09-2006] Varios efectivos de extinción de incendios da brigada forestal acudiron onte ao lugar de Mercuto na parroquia da Ameixenda para apagar un lume que se desatou a media tarde. A intervención desta brigada, xunto co vento que soprou en dirección contraria, evitaron que as lapas avanzaran ata outras zonas do Concello de Ames. Aínda así, os veciños e veciñas da zona estiveron alerta e coas súas cisternas preparadas por se tiñan que intervir.

Diversión a esgalla nas miniolimpíadas da Escola de Verán de Bertamiráns

[01-09-2006] Este xoves clausuráronse as actividades da escola de verán de Bertamiráns. Case 20 nenos e nenas gozaron cos xogos populares que lles propuxeron as monitoras. Globos de auga, carreiras de sacos e ata unha piñata fixeron as delicias dos cativos e cativas, aínda que as responsables tamén se divertiron. Con estas miniolimpíadas remataron as actividades dos meses de xullo e agosto, sempre co obxectivo de que os participantes aprendan xogando.

O pleno do sábado debate os festivos locais e a integración no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

[01-09-2006] A declaración de días festivos locais para o martes de Entroido e o luns de Pascua do ano 2007 e a aprobación da integración do Concello de Ames no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar son os dous puntos máis importantes da orde do día que debaterá o pleno ordinario que a Corporación de Ames ten previsto celebrar mañá sábado. As dúas cuestións chegan ao que podemos considerar o "primeiro pleno do curso" como propostas da alcaldía.

A Escola de Verán do Milladoiro ponse a cociñar

[31-08-2006] Empanadas, filloas, pementos de Padrón e ata alfajores arxentinos foron cociñados e posteriormente degustados polos nenos e as nenas da Escola de Verán do Milladoiro. A actividade tivo lugar no marco do obradoiro de cociña que regularmente realiza esta escola ao longo dos meses de verán.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925