Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

O Pleno dálle vía libre ao novo colexio do Milladoiro

[16-01-2006] A orde do día do Pleno deste sábado tivo tres puntos que centraron unha sesión tranquila no que a debate se refire: a aprobación do plan parcial de Galdrachán , a adhesión ao refuxio de animais de Santiago e, sobre todo, a habilitación dos terreos para construir o novo colexio do Milladoiro. Todos os puntos saíron adiante cos votos favorables de PSOE e BNG. O Partido Popular abstívose en todo, agás no asunto do urbanismo de Galdrachán, no que votou en contra.

Éxito de público na primeira xornada dos Domingos Infantís

[16-01-2006] A obra Tic, tac: sons dunha nave da Compañía Buratini Teatro foi a encargada de inaugurar os Domingos Infantís que onte se estreaban no marco da programación de inverno da Concellaría de Cultura. A segunda xornada celebrarase o domingo 19 de febreiro no Milladoiro e correrá a cargo dos Monicreques de Kukas.

O Concello ofrécelle ao SERGAS outra parcela para a construción dun novo Centro de Saúde

[16-01-2006] A xerenta de Atención Primaria da Área Sanitaria de Santiago, Ana Castaño, e a xefa do Servizo da Subdirección de obras da Consellería de Sanidade, Belén Currás, reuníronse co alcalde de Ames para coñecer os novos terreos que o concello ofrécelle ao SERGAS para a construción dun novo Centro de Atención Primaria no Milladoiro. Posteriormente Castaño e Currás visitaron "in situ" a nova parcela proposta polo Concello co obxectivo de facer un estudo que ditamine a súa idoneidade.

A I Liga de Inverno de Chave congregou a máis de cen persoas

[16-01-2006] 36 xogadores e unhas 70 persoas de público déronse cita no Pavillón de Deportes do Milladoiro para asistir á inauguración da I Liga de Inverno de Chave. O Catoira A, o Don Budi e o Bar Martínez impuxéronse como lideres na primeira xornada deste torneo que organiza a Concellaría de Cultura e Deportes.

Buratini inaugura os Domingos Infantís de Ames

[13-01-2006] A dimensión máis humana da figura de Albert Einstein e a presenza da física na vida cotiá son os ingredientes cos que Buratini Teatro constrúe o espectáculo Tic-tac: sons dunha nave que se representa o domingo ás doce da mañá na Casa da Cultura de Bertamiráns. Con esta obra, a Concellaría de Cultura e Deportes inicia o ciclo Domingos Infantís que unha vez ao mes traerá alternativamente ás Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro monicreques e obras de teatro para nenos e para nenas.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925