Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

Contos e música divina

[04-01-2006] ¿Como facerlles entender aos máis pequenos quen foi Mozart? ¿Como se pode conseguir que aprendan a coñecer o seu concello? ¿De que maneira se pode lograr que os nenos e nenas se metan de cheo na lectura?. A solución é ben doada: contarlles un conto. Iso mesmo é o que se leva facendo durante todo este Nadal tanto nos dous grandes núcleos do concello como nas parroquias. Onte mesmo a biblioteca do Milladoiro encheuse de rapazada para escoitar unha versión para eles da obra A frauta máxica de Mozart e para descubrir, un ano máis, con Lepi e os seus amigos ese tesouro chamado Ames.

Sae a concurso a xestión da limpeza viaria e do Punto Limpo do Milladoiro

[03-01-2006] Este comezo de ano non deixa de traer boas novas no tocante á limpeza do noso concello. Ao cambio no modelo de xestión do lixo súmaselle agora a convocatoria do concurso para outorgar por un período de dez anos o servizo de limpeza das rúas e tamén o da xestión do Punto Limpo que espera a súa apertura no Milladoiro. Ámbolos servizos saen a concurso dentro dun mesmo paquete cuns pregos que xa se aprobaran no último pleno do 2005.

O Concello amplía as instalacións do campo de fútbol de Ventín

[03-01-2006] O concelleiro de Cultura e Deportes, Xosé M. Fernández, entregoulle as chaves das novas instalacións do campo de fútbol de Ventín ao presidente do Clube de Fútbol de Biduído, Xerónimo Vieites. Esta actuación é froito dun convenio de colaboración entre as dúas entidades mediante o que a concellaría de Cultura e Deportes executou varias obras neste campo de fútbol, como son os novos vestiairos, a mellora da iluminación e un campo de fútbol-7 anexo ao campo grande.

Ano novo, recollida de lixo nova

[02-01-2006] Tres días despois de que se asinase formalmente a entrada de Ames no sistema de tratamento do lixo de Lousame tamén se pón en funcionamento o novo sistema de recollida. Máis frecuencia, cambio nos horarios, máis colectores, menos custe para o Concello e, sobre todo, unha filosofía de manexo dos resíduos máis respectosa co ambiente son algúns dos cambios destacables.

Comezou o obradoiro de emprego "Cemiterio Municipal de Ames II"

[30-12-2005] Cun acto protocolario no que participaron o alcalde de Ames, a concelleira de Desenvolvemento Local, o alumnado, o profesorado e a dirección comezou o obradoiro de emprego "Cemiterio Municipal de Ames II". Este obradoiro formará e dará traballo a 44 desempregados de Ames, ao tempo que permitirá darlle continuidade ás obras do futuro cemiterio municipal.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925