Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

A Biblioteca encárgalles aos Reis Magos libros e DVDs para os nenos e as nenas de Ames

[20-12-2005] A Biblioteca Municipal de Ames, dependente da Concellaría de Educación, presentou unha campaña de iniciación á lectura que servirá para difundir as actividades de fomento do hábito lector que se desenvolvan no Concello ao longo do 2006. "Xogando cos soños descubrimos Ames" é o lema desta nova campaña que se inicia coas actividades de contacontos, teatro e obradoiros programadas para os días de Nadal. As Bibliotecas encargáronlles aos Reis Magos que agasallen a todos os nenos e nenas do concello cun libro ou un DVD, dependendo da idade.

Alumnos e profesores da EMMA celebran o Concerto de Nadal

[20-12-2005] Alumnos e profesores da Escola Municipal de Música de Ames poñen fin ao primeiro trimestre escolar do curso cun concerto de Nadal. A actividade, organizada pola Escola de Música en colaboración coa Concellaría de Cultura e Deportes, terá lugar o mércores 21 ás oito da tarde na Casa da Cultura de Bertamiráns.

1000 afeccionados seguiron o III Trofeo de Nadal de Karate

[19-12-2005] 230 deportistas pertencentes a 17 clubes de toda Galicia participaron no III Trofeo de Nadal de Karate "Concello de Ames" que organizou a Agrupación Deportiva "Galaika" en colaboración coa Concellaría de Cultura e Deportes de Ames. Os deportistas non defraudaron ao millar de espectadores que se congregou no Polideportivo de Bertamiráns.

Papá Noel estivo no Festival de Nadal da Escola Infantil "O Bosque"

[19-12-2005] Papá Noel acudiu a casa da Cultura de Bertamiráns para celebrar cos nenos, as nenas, os pais, as nais e as mestras da Escola Infantil "O Bosque" o Festival de Nadal. Tanto os cativos e as cativas como as mestras participaron activamente das representacións.

Os veciños de Ames fixeron unha excursión cultural á Coruña

[19-12-2005] Os Xardíns de San Carlos, A Igrexa de Santiago, a Praza de María Pita, a Torre de Hércules e o Castelo de San Antón foron algúns dos lugares que os veciños de Ames visitaron no transcurso da excursión cultural que a Concellaría de Cultura e Deportes organizou á cidade Herculina, dentro do programa "Coñecendo o país".


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925