Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

A Escola Infantil A Madalena pranta unha árbore para celebrar a semana do Medio Ambiente

[12-06-2006] Prantar unha árbore para comprobar como vai medrando e crear unha voz común que di Queremos unha escola verde onde poder xogar foi o xeito co que os nenos e as nenas da Escola Infantil A Madalena do Milladoiro celebraron a semana do Medio Ambiente.

I Campus de Fútbol Sala Concello de Ames premia o xogo limpo

[12-06-2006] O fomento do xogo limpo foi unha das pautas formativas que primaron no I Campus de Fútbol Sala Concello de Ames que, desde o día 5 e ata o día 9 de xuño, se desenvolveu no Pavillón Polideportivo de Bertamiráns. Tanto se insistiu nesta cuestión que varios dos premios que se entregaron o día da clausura do Campus baseábanse nesta premisa educativa.

166 amienses visitaron Valdeorras

[12-06-2006] A excursión enmarcouse dentro do programa Coñecendo o país e máis concretamente dentro da serie de visitas que a Concellaría de Cultura programou durante todo este ano Polas Rutas do Viño. Os viaxeiros visitaron, entre outros lugares, unha exposición sobre a memoria histórica e o complexo natural de Xagoaza onde se atopan un mosteiro, unha ermida, unha adega e unha cova.

Tanxarina no Milladoiro

[11-06-2006] A Casa da Cultura do Milladoiro acolle hoxe a partir das 12 do mediodía o espectáculo Contaloucos, da Compañía Tanxarina Monicreques. A obra recrea dous contos da literatura universal a través dun xogo escenográfico cheo de "gags" imaxinativos e situacións cómicas. A representación enmárcase dentro do programa Domingos Infantís da Concellería de Cultura.

Preséntase Rufino e as súas rufinadas

[11-06-2006] Itos Lorenzo Méndez, nai dun alumno do C.E.I.P de Bertamiráns, creou, coa colaboración de dúas profesoras, Rufino e as súas rufinadas. Os nenos e as nenas de 3º de infantil deste colexio fixeron os debuxos para o conto e a Concellaría de Educación sumouse a este proxecto que, ademais de fomentar valores como a amizade, a tolerancia e o respecto ás diferenzas, supón un claro exemplo implicación de outros sectores sociais no proceso educativo. Rufino e as súas rufinadas será presentado o luns, día 12 de xuño ás seis da tarde na Casa da Cultura de Bertamiráns e o mércores 14, á mesma hora na Biblioteca do Milladoiro.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925