Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

Hoxe á tarde preséntase a revista 'Directo Ames'

[13-07-2005] O alcalde e diversos membros da Corporación municipal asistirán á presentación do primeiro número da revista 'DirectoAmes' que terá lugar hoxe ás oito do serán no Restaurante Central, situado no polígono industrial do Milladoiro. A nova publicación terá unha periodicidade mensual e será completamente gratuíta.

As bibliopiscinas fomentan a lectura nas áreas recreativas de Ames

[11-07-2005] As piscinas de Bertamiráns e do Milladoiro e a Área recreativa de Tapia poñen en funcionamento o programa "Móllate na lectura" que inclúe un servizo de bibliopiscina. Nos mesmos espazos, e durante todo o verán, organízanse actividades de contacontos, obradoiros e xogos para os máis pequenos.

O Concello mellora o servizo aos cidadáns abrindo os sábados

[11-07-2005] Os veciños de Ames poden acudir á sede do Concello os sábados, en horario de nove a dúas da tarde, tanto para recoller información como para rexistrar calquera documento oficial.

Os parques infantís adáptanse á normativa europea

[07-07-2005] 23 parques infantís de Ames serán obxeto de importantes melloras durante os meses de verán co fin de adaptalos á normativa de seguridade da Unión Europea. Está previsto que o proceso de homologación conclúa no mes de setembro.

20 mozos de Ames visitan o Parlamento Europeo

[27-06-2005] 20 mozos de Ames viaxaron á capital europea no marco do programa "Ven connosco a Bruxelas", actividade encamiñada a que os xoves comunitarios coñezan o funcionamento da institución comunitaria e a multiculturalidade das nacións que conforma a UE.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925