Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

O Concello proxecta a recuperación ambiental do río Sar

[19-07-2005] A limpeza da canle e das marxes do río, a revexetación do contorno, a creación de sendeiros e espazos naturais, a recuperación do patrimonio histórico da zona e a posta en marcha dunha aula da natureza e dun centro de artesanía son algunhas das actuacións que o concello estuda co obxectivo de revitalizar o río Sar no seu paso por Ames.

O Concello emprega máis de 300.000 euros na mellora de pistas

[18-07-2005] Cerca de 323.000 euros empregará o Concello na mellora do pavimento das pistas de varias parroquias. Está previsto que as obras se realicen no prazo de catro meses.

Ames atópase entre os concellos da provincia que máis medran

[14-07-2005] Tanto no ámbito económico como no social, a evolución de Ames nos últimos anos sitúa ao concello entre os primeiros postos de crecemento activo da provincia da Coruña.

A Oficina do Voluntariado organizará un novo Curso de Viticultura en xaneiro de 2006

[14-07-2005] Doce persoas participaron no II Curso de Viticultura que se desenvolveu desde marzo a xuño no Milladoiro. O éxito acadado nas dúas edicións realizadas ata de agora prevé que a Oficina do Voluntariado prepare un terceiro curso para xaneiro de 2005.

Hoxe á tarde preséntase a revista 'Directo Ames'

[13-07-2005] O alcalde e diversos membros da Corporación municipal asistirán á presentación do primeiro número da revista 'DirectoAmes' que terá lugar hoxe ás oito do serán no Restaurante Central, situado no polígono industrial do Milladoiro. A nova publicación terá unha periodicidade mensual e será completamente gratuíta.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925