Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

Milladoiro celebra a Festa do Magosto e do Samaín

[09-11-2005] A festa celébrase o sábado 12 de novembro e está organizada pola Concellaría de Cultura e Deportes, a Asociación de Empresarios do Milladoiro, A Asocicación de Veciños A Curuxa, a ANPA As Brañas do CEIP de Ventín e Milladoiro S.D. Cóntase ademais coa colaboración de Arcea-Adames. Os actos comezarán ás catro e media da tarde na praza de Chavián onde se instalará unha carpa para cobixarse no caso de que chova.

É necesario normalizar a lingua nas escolas infantís

[09-11-2005] Pedirlles ás institucións públicas que contribúan a converter as escolas infantís en espazos educativos galegos con identidade propia e que involucren os pais e as nais nesa tarefa é unha das conclusións máis importantes ás que chegou o I Seminario de Dinamización Lingüística para as Escolas Infantís que recentemente se celebrou en Ames. O Seminario estivo organizado pola Concellaría de Educación e a Concellaría de Cultura a través do Servizo de Normalización Lingüística.

Aumenta a afección polos cogomelos en Ames

[08-11-2005] "Antes non lle facíamos caso ningún, viámolos nas fragas, ao pé das arbores, e o que facíamos era pisalos. Ademais dicíannos que mellor nin tocalos, que era cousa de meigas. E mira agora, estamos desexando coller a cesta e ilos apañar". Este comentario dun dos participantes na actividade "Achégate aos cogomelos" resume o cambio de actitude que con respecto a micoloxía se ven producindo na sociedade galega nos últimos anos. Proba diso, as preto de cen persoas de todas as idades que a fin de semana pasada participaron nas charlas informativas sobre os cogomelos e na saída ao bosque para recoller e identificar especies que organizou a Aula da Natureza da Concellaría de Medio Ambiente de Ames.

Ames apoia o recoñecemento da UNESCO para o patrimonio oral galego-portugués

[08-11-2005] O próximo día 25 de novembro a UNESCO fará público se o proxecto "As Tradicións Orais Galaico-Portuguesas: Simboloxía e apropiación do medio natural" se converte en Obra Mestra da Humanidade. Esta candidatura ten un carácter transnacional, xa que se vén desenvolvendo desde hai catro anos a un e outro lado do Miño.

9.000 euros para actividades dos mozos

[07-11-2005] Esta semana remata o prazo para acollerse á liña de axudas sacada polo Concello para finanzar as actividades da xuventude. Estas subvencións teñen por finalidade promover actuacións que propicien o asociacionismo xuvenil, estimular o funcionamento de colectivos de mozos, así como apoiar as iniciativas culturais, sociais, formativas e de tempo libre que fomenten a participación xuvenil, tanto no marco das súas propias asociacións como na vida social activa da mocidade de Ames. A contía destas axudas para este ano é de 9.000 euros.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925