Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

Convocadas as prazas para a brigada de extinción de incendios

[20-06-2006] Esta semana publicáronse as bases que rexerán o proceso de selección de sete persoas para que traballen durante o verán na brigada municipal de extinción de incendios. O prazo para presentar as solicitudes remata o luns que vén ás dúas da tarde. A baremación dos méritos achegados polos candidatos ou candidatas e a proba física que dará acceso a cada praza realizaranse o día 29 de xuño pola mañá.

O Concello compra os terreos para a nova depuradora da Ameixenda

[20-06-2006] Esta mañá asinouse o contrato de compra-venda da leira na que se asentará a futura depuradora experimental da Ameixenda. Esta infraestrutura -financiada pola Deputación- ten capacidade para darlle servizo a núcleos de ata 600 habitantes. O Concello traballou nos últimos meses na procura dun terreo que se axeitase ás condicións técnicas da EDAR. Finalmente a depuradora vaise instalar nun antigo pasteiro de algo máis de 1.800 metros cadrados situado no lugar de Quintáns.

O Concello levará 40 mozos e mozas a Girona

[19-06-2006] Xusto cando está a piques de rematar o prazo de inscrición para os campamentos de verán, a Concellaría de Mocidade abre unha nova convocatoria de campamentos, aínda que neste caso para os mozos e mozas de entre 13 e 18 anos. Este ano os xoves irán á localidade catalana de Tossa de Mar durante case dúas semanas nas que gozarán de días de aventura e de contacto coa natureza.

A Milla Urbana congregou a 200 corredores

[19-06-2006] 200 corredores de todas as idades participaron na VI Milla Urbana Concello de Ames que se desenvolveu en Bertamiráns o domingo, día 18 de xuño. A concellaría de Cultura organizou esta actividade de deporte popular na que conviviron deportistas profesionais e afeccionados.

A Escola de Verán estuda o contorno de Bertamiráns

[17-06-2006] Os nenos e nenas da Escola de Verán realizaron un paseo por Bertamiráns coa finalidade de estudar sobre o terreo os aspectos urbanísticos, ambientais e sociais do contorno no que viven. O muíño do Porto, o cuartel da policía, a farmacia e mesmo a fauna que habita no paseo fluvial foron algúns dos obxectivos desta visita didáctica.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925