Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

Todo preparado para a gran feira de oportunidades 2ª Expoliquidación Val da Maía

[23-02-2006] Roupa, calzado, agasallos, complementos, electrodomésticos... máis de 30 empresas ofertan produtos na 2ª Expoliquidación Val da Maía que se celebrará no Pavillón de Deportes de Bertamiráns o sábado 25 e o domingo 26 de febreiro en horario de 11 a 21 horas. Esta gran feira das oportunidades está organizada pola ACB, Asociación de Comerciantes de Bertamiráns. O Concello de Ames colabora coa iniciativa achegando infraestrutura, promoción nos medios e recursos humanos. Ademais o Concello terá o seu propio stand na feira para expoñer os proxectos nos que traballa na actualidade.

A Comisión de avaliación aproba a diagnose técnica da Axenda 21

[22-02-2006] A Concellaría de Medio Ambiente convocou esta mañá a representantes de todos os grupos municipais e os técnicos de urbanismo, medio ambiente e desenvolvemento local do Concello co obxectivo de validar o diagnóstico que a empresa DS Consultores fixo sobre o estado ambiental do concello de Ames. A validación por parte desta comisión era un trámite imprescindible para que o diagnóstico elaborado polos técnicos poida levarse ao Foro da Axenda 21 que se reunirá de novo o vindeiro 16 de marzo.

O alguacil municipal apaga un incendio no Concello

[22-02-2006] Gonzalo Crego, alguacil municipal de Ames, foi o primeiro en entrar no local que o Partido Popular ten na Casa do Concello despois de que traballadores das oficinas próximas detectaran un forte cheiro a fume no interior da estancia. Crego entrou cando a dependencia xa estaba completamente afumada e conseguiu apagar a papeleira que estaba ardendo nunha esquina. Inmediatamente chegaron catro efectivos do Servizo de emerxencias de Brión que, afortunadamente, xa non tiveron que actuar. A planta alta do Concello foi desaloxada por espazo de media hora mentres se despexaba o fume.

Deportistas afeccionados recibiron clases maxistrais de tenis, badminton e tenis de mesa

[21-02-2006] Dous adestradores nacionais de tenis, un subcampión galego e unha campiona galega de badmiton, ademais de dous monitores de tenis de mesa adestraron aos máis de 50 veciños e veciñas de Ames que o pasado sábado participaron no Milladoiro dunha xornada de Deportes de raqueta. A actividade estivo organizada pola concellaría de deportes.

O Catoira A continua imbatible

[20-02-2006] O Bar Catoira "A" de Viduido, segue a cabeza da táboa clasificatoria da I Liga de Inverno de Chave, logo de gañar por 3 a 0 ao Bar Catoira "B". A liga disputase todos os sábados no Pavillón Deportivo do Milladoiro.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925