Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

Un autobús de información da Armada Española visita Ames

[20-02-2006] Unha unidade móbil de información da Armada española visita Ames os días 20, 21 e 22 de febreiro co obxectivo de informar sobre as posibilidades que o ingreso neste corpo ofrece de promoción laboral, obtención dun título de Técnico de Formación Profesional e acceso á Garda Civil. A unidade móbil estará o día 20 na Praza da Mahía de Bertamiráns e os días 21 e 22 na Avenida Rosalía de Castro do Milladoiro. O horario de atención ao público abrangue dese as 10 ata as 14 horas e desde as 16 ás 20 horas.

Ames converterase na capital do software libre a finais de marzo

[20-02-2006] O software libre e aberto está tomando posicións nas administracións públicas e nos escritorios particulares por causa das vantaxes que ofrece. Aplicacións de balde, posibilidade de adaptalas ás necesidades do usuario, estabilidade a toda proba, ausencia de virus e outros moitos, son algúns dos beneficios que aporta utilizar programas de código aberto. Sen embargo, para que o open source desbanque ao software propietario fundamentado nas todopoderosas licenzas de Microsoft hai que facer campañas de concienciación e promoción. Ames acollerá dous días centrados na alternativa, o software libre GNU e o Linux, o 31 de marzo e o 1 de abril. Esta mañá presentouse o programa que organiza a Concellaría de Cultura.

Varios obradoiros preparan comparsas para os desfiles de Entroido

[19-02-2006] As sesións de contacontos de piratas que se desenvolveron nas bibliotecas e nos locais sociais das parroquias, o obradoiro de cultura exipcia de Trasmonte e os obradoiros das casas de cultura nutrirán de comparsas e de disfraces os desfiles que o martes de Entroido se celebrarán en Bertamiráns e no Milladoiro. Máscaras e personaxes serán recollidos polas instantáneas das 60 cámaras fotográficas que participarán nos safaris fotográficos previstos para as dúas localidades.

Os domingos infantís traen os Monicreques de Kukas ao Milladoiro

[18-02-2006] O cantar da cantaruxa é o título da peza que o domingo19 de febreiro, ás 12 do mediodía, porá en escena na Casa da Cultura do Milladoiro a Compañía compostelá Os Monicreques de Kukas. A actividade enmárcase dentro do programa Domingos Infantís que organiza a Concellaría de Cultura e Deportes.

O Foro da Axenda 21 Local conta xa con 50 participantes

[17-02-2006] Onte comezou a espallarse oficialmente a Axenda 21 Local por todo o concello de Ames. Logo dun ano traballando na análise da situación do noso territorio, por fin se presentou o diagnóstico de como estamos no tocante a usos do chan, calidade de vida, demografía, urbanismo e todos aqueles aspectos que inciden na sostenibilidade dos recursos e do ambiente. DS Consultores achegou os datos do seu estudo sobre Ames. Sen embargo tamén quedou constituído o Foro de Participación Social, do que xa forman parte 50 persoas entre políticos, representantes de entidades e tamén veciños que apostan pola sostenibilidade de Ames.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925