Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

Manuel Oitavén impartirá no Milladoiro o III Curso de Viticultura

[17-11-2005] Manuel Oitavén Garrido, voluntario da OVA e viticultor xubilado, impartirá o III Curso de Viticultura que organiza a Oficina do Voluntariado do Milladoiro, dependente da Concellaría de Sanidade e Servizos Sociais. O curso desenvolverase desde o 21 de novembro ata o 30 de marzo, todos os luns de 19 a 21 horas na Casa da Cultura. O horario das clases poderá modificarse dependendo da dispoñibilidade dos asistentes.

Un obradoiro de emprego formará 44 traballadores e permitirá continuar as obras do cemiterio municipal

[16-11-2005] A Consellaría de Traballo acaba de asinar co Concello de Ames un protocolo de colaboración para a concesión dun obradoiro de emprego que permitirá que 44 desempregados se formen durante un ano en catro especialidades. Ademais, este obradoiro posibilitará retomar as obras de urbanización, peche e acondicionamento do futuro cemiterio municipal do concello. A partida aportada pola Consellería destinada ao obradoiro é de 791.324 euros.

O xulgado dálle a razón ao Concello no litixio con Teiraboa por mor do desaloxo da gardaría do Milladoiro

[16-11-2005] O Concello acaba de obter unha sentenza favorable nun dos litixios que mantén con el a asociación Teiraboa. O Xulgado contencioso administrativo número 1 de Santiago desestimou a reclamación feita por Teiraboa para que se anulase o acordo plenario que a obrigou a desaloxar as instalacións da gardaría do Milladoiro. A maxistrada María Dolores Rivera declarou "a conformidade a dereito" do acordo adoptado polo Concello ao tempo que desestima tamén calquera tipo de indemnización.

A exposición de Xaime Asensi consolida o Pazo da Peregrina como espazo cultural

[15-11-2005] 30 persoas déronse cita no Pazo da Peregrina para asistir a inauguración da exposición "Ubu Rei" do ilustrador Xaime Asensi. A exposición adquiriu un carácter emotivo dado que o artista é veciño de Ames. Con esta mostra o Pazo consolídase como un dos espazos culturais máis importantes do concello. O concelleiro de Cultura e Deportes convidou os amienses que se dediquen ás artes plásticas a expoñer os seus traballos neste lugar.

Asinado o convenio para a construción do novo colexio de Bertamiráns

[15-11-2005] O alcalde e maila concelleira de Educación reuníronse esta mañá en Santiago coa conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón. O motivo da xuntanza foi a sinatura do convenio de colaboración para a construción do Centro de Educación Infantil e Primaria de Bertamiráns. A a Xunta investirá nesta actuación un total de 2.292.364,79 euros. Desta maneira comezan a materializarse os compromisos adquiridos o venres pasado pola consellería en relación coa dotación educativa de Ames, que prevé a construción doutro colexio e máis un instituto no Milladoiro


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925