[http://www.concellodeames.org]
[20-07-2005] O impacto ambiental sobre os humidais da Ponte da Condomiña, declarados pola Unión Europea como Lugar de Interese Comunitario (LIC), será o obxecto principal das novas alegacións que o Concello de Ames presentará contra o proxecto sectorial do aproveitamento hidroeléctrico do río Sar.
[19-07-2005] O Concello de Ames mellorará as súas instalacións sanitarias coa construcción dun novo centro de saúde no Milladoiro e a reforma do centro sanitario de Bertamiráns. Prevese que ambas as dúas obras estean rematadas no ano 2007.
[19-07-2005] A limpeza da canle e das marxes do río, a revexetación do contorno, a creación de sendeiros e espazos naturais, a recuperación do patrimonio histórico da zona e a posta en marcha dunha aula da natureza e dun centro de artesanía son algunhas das actuacións que o concello estuda co obxectivo de revitalizar o río Sar no seu paso por Ames.
[18-07-2005] Cerca de 323.000 euros empregará o Concello na mellora do pavimento das pistas de varias parroquias. Está previsto que as obras se realicen no prazo de catro meses.
[14-07-2005] Tanto no ámbito económico como no social, a evolución de Ames nos últimos anos sitúa ao concello entre os primeiros postos de crecemento activo da provincia da Coruña.
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
© Concello de Ames