Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

Bertamiráns acolle un concerto de violín e acordeón

[25-08-2005] O Dúo Buho, especializado en músicas populares de Europa e América, ofrece un concerto o xoves 25 de agosto, no Pazo da Peregrina. O espectáculo comeza ás 22 horas e enmárcase dentro do ciclo "Música na Rúa" que organiza a Concellaría de Cultura e Deportes.

O Concello concederá un título acreditativo aos asistentes ao Obradoiro de Integración Lingüística e Cultural

[25-08-2005] Os inmigrantes e os retornados e retornadas que participen no Obradoiro de Integración Lingüística e Cultural obterán un título acreditativo da súa asistencia. O Obradoiro, organizado pola Concellaría de Cultura de Ames a través do Servizo de Normalización Lingüística, celebrarase no IES de Bertamiráns desde o 2 de novembro ata o 14 de decembro, os luns, mércores e venres en horario de oito a dez da noite. O día 27 de outubro remata o prazo para poder inscribirse nesta actividade.

O subcampión da Copa do Mundo de Marathon participa na XX edición do Descenso do Tambre de piragüismo

[24-08-2005] Manuel Angel Varela "Turu" acadou o segundo posto na categoría xuvenil da modalidade C-1 da Copa do Mundo de Marathon, celebrada recentemente en Portugal. Varela prepara agora o Campionato de España, puntuable para o Campionato do Mundo. O domingo, 28 de agosto, remará co seu equipo, o "Ribeiras do Tambre" de Ames, na XX Edición do Descenso do Tambre de Piragüismo que organiza o club amiense en colaboración coa Concellaría de Cultura e Deportes de Ames e a Deputación da Coruña.

O Concello investirá máis dun millón de euros en obras de saneamento e canalización

[23-08-2005] 1.134.857 euros vai destinar o Concello de Ames a obras de saneamento e canalización de augas. A parroquia de Agrón e o Rego de Vilar no Milladoiro son os lugares onde se van realizar as obras.

O contorno etnográfico de Lapido será restaurado con fondos europeos e municipais

[21-08-2005] O muíño e a capela da Mercé veranse favorecidos polas obras de restauración global que o Concello de Ames ten previsto realizar no contorno etnográfico e arquitectónico de Lapido. As obras incluirán a restauración da Pontella que comunicaba os lugares de Lapido e A Barreira.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925