Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

O Concello empregou preto dun millón de euros en iluminación e reparación de beirarrúas, estradas e pistas

[20-08-2005] As beirarrúas de Bertamiráns e o Milladoiro e as travesías de Covas, Casanova, Barouta e Cruxeiras foron obxeto de obras de reparación e instalación de iluminación pública por valor de 998.423 euros. Ademais reparáronse estradas e camiños de todo o municipio.

Noite de Cine trae a Bertamiráns a película Mar Adentro

[19-08-2005] A película Mar Adentro de Alejandro Amenabar proxéctase ás 22 horas na praza de Chavián de Bertamiráns. A proxección enmárcase no contexto do ciclo "Noite de Cine" que organizan a Deputación Provincial e a Concellaría de Cultura de Ames. Mar Adentro conta a experiencia do tetrapléxico galego Ramón Sampedro e a súa loita por acadar unha morte digna

Os alumnos das Xornadas Educativas para discapacitados intelectuais aprenden a relacionar cores con sentimentos

[18-08-2005] Os 26 alumnos que participan nas II Xornadas Educativas para discapacitados intelectuais que se celebran no Milladoiro aproveitaron o obradoiro de pintura e expresión artística para traballar a relación que as cores teñen cos sentimentos. As Xornadas abordarán nas próximas clases os temas de hixiene bucodental e informática.

O Goberno Municipal lamenta que a toma de posesión dos novos policías locais se vira enturbada por un incidente de malos tratos

[17-08-2005] Un dos novos axentes de policía de Ames que ía tomar posesión do seu cargo onte á tarde resultou ferido leve cando interviña nun caso de agresión. O incidente provocou que se suspendera o acto de toma de posesión dos novos axentes previsto para a mesma hora. O alcalde, Carlos Fernández, informou que o acto se celebraría en canto os axentes feridos estiveran totalmente recuperados.

O Roupeiro Municipal de Ames recibiu preto de 500 solicitudes

[16-08-2005] Preto de medio cento de beneficiarios recibiron paquetes de roupa do Roupeiro Municipal de Ames. Este servizo, ubicado na parroquia de Biduído, creouse hai dous anos coa intención de facerlle fronte a necesidade básica de roupa e calzado do colectivo de poboación menos favorecido do municipio amiense.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925