Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

O Concello mellora o servizo aos cidadáns abrindo os sábados

[11-07-2005] Os veciños de Ames poden acudir á sede do Concello os sábados, en horario de nove a dúas da tarde, tanto para recoller información como para rexistrar calquera documento oficial.

Os parques infantís adáptanse á normativa europea

[07-07-2005] 23 parques infantís de Ames serán obxeto de importantes melloras durante os meses de verán co fin de adaptalos á normativa de seguridade da Unión Europea. Está previsto que o proceso de homologación conclúa no mes de setembro.

20 mozos de Ames visitan o Parlamento Europeo

[27-06-2005] 20 mozos de Ames viaxaron á capital europea no marco do programa "Ven connosco a Bruxelas", actividade encamiñada a que os xoves comunitarios coñezan o funcionamento da institución comunitaria e a multiculturalidade das nacións que conforma a UE.

250 deportistas toman a saída na VI Milla Urbana

[17-06-2005] A participación na Milla Urbana deste ano superou as previsións da Concellaría de Deportes. Un total de 250 corredores e corredoras están inscritos na proba, que ten como punto de saída e de chegada o paseo fluvial de Bertamiráns. A carreira concíbese como unha xornada de encontro co deporte popular no que o de menos é gañar. Con todo, nela medirán forzas atletas profesionais e afeccionados.

Todo preparado para a Festa da Natureza

[07-06-2005] Catro autobuses percorrerán o domingo, 11 de xuño, durante todo o día as distintas parroquias do concello. O obxectivo é que todos os veciños e veciñas que o desexen poidan achegarse a Tapia para participar na II Festa da Natureza e volver ás súas casas sen necesidade de utilizar coches particulares. Pero nesta ocasión, non se trata só de ofrecer un servizo público. O transporte colectivo é unha máis das múltiples propostas coas que a Concellaría de Medio Ambiente, organizadora da festa, tentará concienciar á cidadanía durante todo o día sobre a necesidade de participar no mantemento, a mellora e a recuperación do medio natural.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925