Solapas principales

> Obradoiro de xoias artesanais da Aula da Natureza

Sábado, 26 noviembre, 2022
A partir das 11:00 horas

A Aula da Natureza está desenvolvendo numerosas actividades dentro da súa programación de outono. Nesta ocasión prepárase un obradoiro de elaboración de xoias artesanais que se crearán a partir de materias atopadas no monte. Organízanse dúas sesións, e a segunda, dirixida a rapaces e rapazas de entre 10 e 16 anos, terá lugar o sábado 26 de novembro, de 11:00 a 14:00 horas. Para ambas haberá servizo de autobús dende O Milladoiro e Bertamiráns. O prazo para anotarse está aberto ata o día 24, e para participar só é necesario enviar a ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

O obradoiro impartirase da man de Malas Herbas artesanía nas instalacións da Aula da Natureza, no lugar de Quintáns (Ameixenda). Para chegar ata alí poñerase a disposición dos participantes un servizo de autobús que sairá dende a Casa de Cultura do Milladoiro (ás 10:30 horas) e dende o Pazo da Peregrina de Bertamiráns (ás 10:45 horas).