Solapas principales

Novas e avisos do Concello de Ames, 12 de febreiro de 2020

AVISOS

A chimpos polo Urban Planet! é o nome da segunda actividade que se organiza ao abeiro do programa Trouleando. Trátase dunha actividade que conxuga diversión, deporte, ocio activo e socialización entre a mocidade. Desenvolverase o venres, 21 de febreiro, de 22.00 a 00.00 horas, nas instalacións ...

NOVAS

Durante o mes de febreiro continúa o programa Trouleando (Findes para a mocidade), que desenvolve a Concellaría de Mocidade. Trátase dunha iniciativa a través do cal se organizarán diferentes actividades lúdicas, deportivas e culturais, durante as tardes - noites do fin de semana. Estas act ...

O próximo sábado, 22 de febreiro, celebrarase na Casa da Cultura de Bertamiráns a Festa do Entroido de Amessan. A partir das 17.30 horas, os asistentes poderán desfrutar de música en vivo co Trío Alborada Show e a degustación de pratos típicos de Nadal. Haberá autobuses para asistir ao e ...

O Club Voleibol Bruxas dá a sorpresa gañando con solvencia o derbi galego contra un gran equipo como é o Club Voleibol Ourense situado na cuarta posición da clasificación. Tres puntos que dan aire ao CV Bruxas para afastarse dos postos de descenso nesta a súa primeira tempada na categoría ...

O Concello de Ames organiza, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, unha visita á Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón. A actividade, que se enmarca dentro da programación municipal polo Día de Rosalía, terá lugar este sábado, 15 de febreiro. Para participar é pr ...

Este pasado sábado, 8 de febreiro, comezou unha nova edición do curso de monitor/a de actividades de tempo libre que organiza a Concellaría de Mocidade, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Ames. Este curso desenvolverase no anexo da Casa da Cultura de Bertamir ...

O Concello de Ames acaba de publicar na páxina web municipal un banner cunha enquisa na que se pode votar polo/a mellor deportista de ...

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, realizou esta mañá, ás 12:00 horas, unha concentración diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e diante das oficinas municipais do Milladoiro en repulsa dos crimes machistas ocorridos este sábado, 8 de febreiro, en Lugo e ...

Con motivo da celebración do Día de Rosalía 2020, unha efeméride que terá lugar o vindeiro 24 de febreiro, o Concello de Ames, xunto cos municipios de Brión, Padrón e Santiago, e coa colaboración da Fundación Rosalía de Castro, organiza a actividade denominada “Caldo de Gloria”. Des ...

AXENDA

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres, 21 de febreiro, ás 19.30 horas, o concerto de Entroido da Escola Municipal de Música de Ames. Os rapaces e mailas rapazas da EMMA amosarán o aprendido ao longo do curso interpretando diferentes temas musicais.