[10-01-2011] Esta mañá deron comezo as obras de remodelación da rúa Viorneira do Milladoiro. Os traballos teñen como obxectivo a entrada nesta rúa desde a Avenida Rosalía de Castro e a Nacional 550. As obras, que terán un custo de 13.000 euros, incluirán reformas nas instalacións eléctricas, sumidoiros das augas pluviais, farois e beirarrúas e rematarán previsiblemente o martes 18.
As obras de remodelación na rúa Viorneira do Milladoiro comezaron esta mañá . Os traballos oriéntanse a facer unha apertura para unha entrada na rúa desde a Avenida Rosalía de Castro e a N-550. A obra xa fora autorizada polo Ministerio de Fomento en 2009. A obra ten especial importancia porque permitirá conectar a avenida co cuartel da Garda Civil que se atopa nesta rúa.
Entre os traballos que se realizarán figuran a reforma da instalación eléctrica na zona e a dos sumidoiros para a auga pluvial, o cambio das farois, o desprazamento dos contedores do lixo na Avenida Rosalía de Castro e a nova pavimentación das beirarrúas.
O alcalde Carlos Fernández referiuse a estas obras no pleno do día 30 de decembro, informando do comezo das obras para o día 10 e indicando que esta intervención permitirá a "permeabilidade" de vehículos cara a rúa Viorneira. Carlos Fernández indicou ademais que o obxectivo das obras non é empregar o paso como acceso desde o Milladoiro á N-550 senón á inversa. Polo tanto, unha vez rematen as obras a rúa cambiará o sentido da circulación.
"Nesta rúa -matizou o alcalde- hai ademais varios establecementos, e a propia Garda Civil, por iso nos amparamos na necesidade de que a Garda Civil non estea encaixonada nunha rúa sen saída. Conseguimos do ministerio a autorización para eliminar esa beirarrúa sempre coa condición de que nunca a utilicemos de acceso dos nucleos do Milladoiro á N 550 senon á inversa, de desafogo da n 550. Polo tanto esa rúa unha vez que se produzan esas obras vai cambiar o sentido da circulación e pasará a ser unha rua de abandono da N 550".