Pestanas principais

Cinco nenas e nenos saharauís pasarán o verán con catro familias amesás

Martes, 26 de xullo de 2022

O Concello de Ames colabora co programa Vacacións en Paz, que leva a cabo a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, a través do cal as familias do municipio acollen durante os meses de verán a nenos e nenas saharauís. Nesta edición son 4 familias amesás as que acollen a 5 nenas e nenos. Estes rapaces e rapazas chegaron a Ames este domingo 24 de xullo. Está previsto que durante o mes de agosto visiten a Casa do Concello.

Despois de dous anos sen poder desenvolver o programa de Vacacións en Paz por mor da pandemia da Covid, este pasado domingo, 24 de xullo, chegaron a Ames 5 nenas e nenos saharauís que pasarán o verán con 4 familias amesás. Deste xeito o Concello de Ames colabora nunha nova edición do programa Vacacións en Paz, que está xestionado pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.

Este programa preséntase nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable e humanamente rica aos rapaces e rapazas saharauís. Trátase de ofrecerlles a estes nenas/os, que naceron nun clima de guerra, a posibilidade de coñecer outros xeitos de vida, de maneira que iso contribúa, a súa formación.
 
O Goberno municipal asinou de novo este ano un convenio de colaboración coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, a través do cal durante os meses de verán estas nenas e nenos saharauís pasarán as súas vacacións en Ames. O Concello actúa de mediador entre as familias amesás e esta asociación para xestionar a estadía dos rapaces e rapazas saharauís en Ames. A Administración local encárgase de pagar o billete de avión (ida e volta) de cada rapaz/a.

A concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, destacou a boa resposta das familias amesás despois de dous anos nos que non se puido realizar o programa por mor da pandemia. “Volvemos ás cifras de acollemento de antes da pandemia con 4 familias que participan no programa acollendo a 5 nenos e nenas. A colaboración destas catro familias permite que estes nenos e nenas pasen dous meses en Ames e poidan realizar as correspondentes revisión médicas e tamén poidan gozar do verán lonxe das altas temperaturas do Sáhara. Como soe ser habitual no mes de agosto recibirase na Casa do Concello ás familias acolledoras e aos nenos e nenas saharauís”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Os nenos saharauís xa están aquí"

Imaxe da chegada das nenas e nenos saharauís (foto cedida por Checho Photography)

Multimedia

  • Imaxe da chegada das nenas e nenos saharauís (foto cedida por Checho Photography)