Axenda

Ex., 23-11-2024
Sábado, 23 de novembro de 2024

Co fin de difundir o curioso mundo dos fungos e de amosar as paisaxes de Ames, a Aula da Natureza organiza tres saídas didácticas polos montes do concello. A última saída será o sábado 23 de novembro cunha saída de 10:00 a 14:00 horas. Durante esa fin de semana, os días 23 e 24 de novembro, farase unha exposición e degustación destes cogomelos na feira Tanto Monte / Monte Tanto. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

Sábado, 23 de novembro de 2024

O Concello de Ames, a través da Aula da Natureza, organiza este outono as xornadas “Arredor dos castiñeiros”, que se desenvolverán nos meses de setembro, outubro e novembro. Serán catro sesións centradas nos castiñeiros que contarán con charlas, obradoiros participativos e visitas a empresas de transformación de castaña. A derradeira xornada terá lugar o sábado 23 de novembro no local social de Piñeiro. Consistirá nun obradoiro de enxertos, que se desenvolverá en horario de 10:00 a 13:30 horas.

Sábado, 23 de novembro de 2024

Co gallo da celebración da Santa Icía, patroa dos músicos, do 20 ao 24 de novembro o concello encherase de música con distintas propostas. Durante a fin de semana, sábado 23 de novembro, ás 19:00 horas, a coral de Bugallido organiza un concerto no auditorio de Bertamiráns no que actuarán xunto co coro de Pais Conservatorio de Música de Maia e as pandereteiras da Costaneira.

Sábado, 23 de novembro de 2024

O certame Galetiktokers, organizado polos departamentos de Mocidade e Normalización Lingüística de Ames, volve por quinto ano consecutivo co obxectivo de estimular a creatividade entre a mocidade, animar a creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas, e visibilizar a comunidade galega na rede social TikTok. Haberá seis premios de 300 euros cada un, que se repartirán nunha gala que terá lugar o sábado, 23 novembro de 2024, ás 19.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro.

sábado, 23 de Novembro de 2024 a domingo, 24 de Novembro de 2024

A cuarta edición da feira Tanto Monte / Monte Tanto está prevista para os días 23 e 24 de novembro no campo da festa de Trasmonte. Trátase dun evento co que se pretende valorizar e difundir a importancia social, ambiental, cultural e económica do monte. Haberá expositores de mel, cogomelos, aceite, embutidos, cestería, noces, castañas, froitos do bosque... e unha gran variedade de produtos que nos ofrece o monte. Para participar na feira non é preciso inscribirse e está aberta a todos os públicos. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.