Pestanas principais

Novas de Ames do 23 de xullo de 2020

NOVAS

Os concelleiros de Promoción do Patrimonio Histórico, David Santomil, e de de Transición Ecolóxica e Medio Rural, Manuel Lens, e mailo deputado provincial de Patrimonio e Contratación, Xosé Luis Penas, realizaron unha visita á Ponte Cabirta, para presentarlle o proxecto de rehabilitación ...

Segundo se desprende da avaliación feita por DYNTRA, que é un auditor/observador social da transparencia e da ética pública, o Concello de Ames conta con 94 de 162 indicadores publicados, polo que que alcanza unha porcentaxe de transparencia de 58.02 sobre 100.

O campo de fútbol do Milladoiro acolle do 20 ao 24 de xullo a quinta edición do DéporCampus en Ames, no que participan preto de sesenta rapaces e rapazas de entre 6 e 14 anos. Esta iniciativa organizada polo RC Deportivo da Coruña, que conta coa colaboración do Bertamiráns FC e do Concello ...

AXENDA

O grupo A Percutería amenizará a ritmo de batukada o mercado do sábado pola tarde en Bertamiráns.

A actuación terá lugar entre as 18:00 a 19:30 horas.