Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 26 de xuño de 2020

NOVAS

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación de Ames Jazz 2020. Asistiron Natividade González, concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación; Xacobe Martínez, director artístico; Manuel Gutierrez, músico; e Alvaro Trillo, músico e integrante de Os Bregadie ...

A Concellaría de Educación informa da apertura o próximo luns, 29 de xuño, do prazo de matrícula para o curso 2020-2021 nas escolas infantís de titularidade municipal. O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o 13 de xullo. As listas de nenos/as admitidos/as e mailas listas de agarda p ...

Co gallo da conmemoración do Día do Orgullo LGTBIQ+, o Paseo da Igualdade do Milladoiro acollerá este venres, a partir das 11:00h, un obradoiro de pintado, e a inauguración do Espazo da Diversidade que terá lugar ás 12:00 do mediodía. Catro bancos e unha mesa pintados coas cores de distint ...

Logo da posta en marcha de amplas medidas de seguridade e hixiene, os abonados e abonadas ao Centro Deportivo Municipal da Telleira gozan xa dos servizos que ofrece este complexo deportivo. Reforzo en limpeza e desinfección, toma de temperatura, renovación constante de aire, desinfección conti ...

AVISOS

O Concello de Ames publica as listas definitivas de usuarios/as admitidos/as no programa de campamentos municipais para este verán, a través do cal ofertan 252 prazas repartidas entre 9 campamentos diferentes que se desenvolverán en diferentes datas entre o 6 de xullo ao 5 de setembro. Para os so ...
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que están publicadas as listas definitivas de nenos/as admitidos/as nas escolas infantís municipais O Bosque, de Bertamiráns, e A Madalena, do Milladoiro, para o curso 2020-2021.