Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 4 de xuño de 2024

AVISOS
O Concello de Ames, a través do departamento de Educación, informa sobre o anuncio de revogación do resolvo terceiro do Decreto 933/2024 polo que se aproban as prazas de prescrición e emerxencia social dos servizos complementarios de educación para o curso 2024/2025.
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a proposta de contratación e bolsa de agarda do proceso selectivo para a selección dun/dunha peón e capataz para a brigada de prevención de lumes forestais do Concello de Ames (APROL Rural). Previamente publicáronse as bases ...
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes de solicitudes presentadas de novos/as usuarios/as nos servizos complementarios de educación (Bos Días Cole, Tardes Divertidas e Comedores Escolares) para o curso 2024-2025. O prazo de emendas ou recl ...
Dende o departamento de Obras e Servizo Básicos informan dun corte de subministración de auga que se vai producir a madrugada do martes 4 ao mércores 5 de xuño, ás 00.00 horas. Dito corte realizarase debido ás obras de mantemento para cambiar as válvulas na rede da marxe dereita da rúa de Ro ...

AXENDA

O sábado 8 de xuño, ás 12:00 horas, a Casa da Cultura do Milladoiro acollerá a gala de entrega de premios do XXI Certame Literario do Concello de Ames. Nela actuarán a agrupación de violín (iniciación) , o grupo combo folk e o alumnado de Música e Movemento da Escola Municipal de Música ...

O mércores 19, o alumnado máis novo da Escola Municipal de Teatro chegará á Casa da Cultura do Milladoiro co grupo infantil de 3 a 6 anos, que novamente representará “Contemos un conto”, ás 17:30 horas; e co grupo infantil de 7 a 11 anos coa obra “O reino do derroche”, ás 20:00 hor ...

O martes día 18, o alumnado máis novo da escola trasladarase á Casa da Cultura de Bertamiráns. Ás 17:30 horas será a quenda do grupo infantil, con nenos e nenas de entre 3 e 6 anos, que abrirá a representación con “Contemos un conto”. O segundo grupo infantil, no que participa rapazad ...

O grupo municipal de teatro integrado por adultos, estrea o 14 de xuño na Casa da Cultura de Bertamiráns a obra “A visita”. O elenco estará composto por Mirella Vázquez, Emilia Mayo, Anna Reig, Cris Botrán, Rosana González, Marichelo Cajide, Ilduara García, Pablo Núñez, Gene Martíne ...

O grupo municipal de teatro integrado por adultos, estrea o 7 de xuño no Milladoiro a obra “A visita”. O elenco estará composto por Mirella Vázquez, Emilia Mayo, Anna Reig, Cris Botrán, Rosana González, Marichelo Cajide, Ilduara García, Pablo Núñez, Gene Martínez, Pablo Otero, Marisa ...

NOVAS

A Concellaría de Normalización Lingüística acaba de publicar a listaxe de persoas gañadoras da vixésimo primeira edición do Certame Literario de Ames. Neste 2024 acadáronse altas cifras de participación cun total de 179 traballos, 12 máis que o ano anterior e 27 máis respecto do 2022. ...

O vindeiro venres, 7 de xuño, o grupo municipal de teatro pechará a súa actividade coa estrea de “A visita” con dous pases en Bertamiráns e no Milladoiro. O convites están dispoñibles na Billetei ...

O pasado sábado 1 de xuño, as áreas deportivas de Bertamiráns e do Milladoiro acolleron a xornada de clausura do curso 2023-2024 das escolas deportivas municipais. Pola mañá tivo lugar o XIII Encontro de patinaxe artística, mentres que as demais escolas deportivas fixeron as súas exhibici ...