Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 7 de xullo de 2022


NOVAS

A segunda edición do concurso “Canta con Ames” comezou o pasado venres, 1 de xullo, no Milladoiro, coa primeira xornada da fase de preselección, que se realizou na praza de Manuel Murguía e na que participaron 11 persoas. O concurso continúa este venres, 8 de xullo, no parque do Ameneiral ...

Este xoves 7 de xullo, a praia fluvial de Tapia acolle a estrea da segunda edición dos “Seráns de Ames”, un programa que ao longo de todas as tardes de xullo e agosto levará diferentes actividades para todos os públicos ás parroquias de Bugallido e Tapia. Neste senso, a primeira xornada ...

Unha cea e baile de confraternización xuntará a antigo alumnado e profesorado do colexio Bispo Guerra Campos, precursor do actual CEIP A Maía. Será este venres, 8 de xullo, no campo da festa da Ameixenda. O encontro, que conta coa colaboración do Concello de Ames, xuntará a preto de 200 per ...


AXENDA

A praia fluvial de Tapia acolle a primeira das xornadas do programa Seráns de Ames. A partir das 19:30 horas, pregón inaugural con Federico Pérez Rey e deseguido a actuación da charanga Os Celtas.