- Tematica
ORDE DO DÍA:
A) PARA DAR CONTA:
1. Dar conta ao pleno da Corporación dos decretos ditados pola Alcaldía dende a última sesión plenaria ordinaria.
2. Dación de conta de sentenza no procedemento de tutela de dereitos fundamentais 27/2020.
B) PARA DELIBERACIÓN E ACORDO:
3. Aprobación, se procede, de actas anteriores (acta da sesión ordinaria do 28.01.2021; acta da sesión extraordinaria e urxente do 04.02.2021; acta da sesión extraordinaria e urxente do 24.02.2021; acta da sesión ordinaria do 25.02.2021; acta da sesión extraordinaria do 11.03.2021).
4. Declaración institucional para garantir a máxima transparencia e cumprimento do protocolo de vacinación, e asegurar o cese dos políticos e políticas que o incumpran ou cometan calquera outro tipo de irregularidade no proceso de vacinación. R.E. 2913/2021 do 22.02.2021.
5. Aprobación proxecto modificado Pavimentación accesos á Ventosa. POS 2019.
6. Resolución de alegacións e aprobación definitiva da ordenanza reguladora da ocupación do dominio público e espazos privados de uso público por terrazas e elementos vinculados á actividade comercial e hostaleira con fins non festivos.
7. Modificación do contrato do servizo de axuda no fogar (SAF) do Concello de Ames, nas modalidades de SAF Básica e SAF Dependencia.
8. Aprobación do expediente de licitación do servizo de limpeza viaria e xestión dos puntos limpos do Concello de Ames por procedemento aberto varios criterios de adxudicación e regulación harmonizada.
9. Proposta do grupo municipal socialista de demanda dun incremento das achegas da Xunta de Galicia ao Servizo de Axuda no Fogar que presta o Concello.
10. Proposta do concelleiro José R, Oulego Erroz de condena dos altercados ocorridos en varias cidades españolas nas manifestacións en favor do rapeiro condenado Pablo Hasel, así como de apoio a labor levada a cabo polas forzas e corpos de seguridade do Estado durante os mesmos.
11. Solicitude de comparecencia do alcalde presentada polo grupo municipal popular.
C) MOCIÓNS.
D) PARA CONTROL DO GOBERNO:
8. Rogos e preguntas.