Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Novas

Ames recibe a distinción de Ciudad de la Ciencia y la innovación polo proxecto Inno@mes

[23-04-2019] O Concello de Ames vén de recibir a comunicación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades na que se lle comunica que a candidatura presentada a través do proxecto Inno@mes foi merecedora da distinción de “Ciudad de la Ciencia y la Innovación”, na convocatoria correspondente ao ano 2018, outorgada mediante resolución da Secretaria de estado de Universidades, Investigación, Desarrollo e Innovación. Deste xeito, Ames pasa a ser o quinto concello de Galicia con este galardón. Ames pasa a formar parte dos 72 Concellos que conforman a Red Impulso e dos 5 de toda Galicia con Vigo, Coruña, Santiago e Riveira.

Ames, Brión e Padrón organizan unha visita á ruta “As Pegadas de Rosalía” para o sábado 11 de maio

[23-04-2019] Os Concellos de Ames, Brión e Padrón organizan para o vindeiro sábado, 11 de maio, unha saída pola Ruta Rosaliana na que se visitarán os lugares máis emblemáticos da vida e do legado literario de Rosalía de Castro. Trátase dunha nova iniciativa, posta en marcha desde a Concellaría de Turismo o ano pasado, á que se lle dá continuidade este ano. A actividade incluirá a visita a lugares como o Panteón de Galegos Ilustres, a parroquia de San Xoán de Ortoño, a Igrexa de Bastavales ou a Casa Museo Rosalía de Castro. Para participar nesta visita, será preciso inscribirse a través do número de teléfono 981 883 002, marcando a extensión 2115, ou mediante o enderezo de correo electrónico turismo@concellodeames.gal. O prazo de inscrición pechará o vindeiro 30 de abril. A iniciativa, que é de balde, contará con servizo de autobús desde O Milladoiro e Bertamiráns.

Preto de 90 equipos e máis de 1.000 nenos e nenas participaron na oitava edición da Ames Cup

[23-04-2019] O Bertamiráns FC, en colaboración co Concello de Ames, organizou unha nova edición do torneo de fútbol base, Ames Cup, que se desenvolveu no campo municipal de Bertamiráns do 18 ao 21 de abril. Preto de 90 equipos formados por nenos e nenas de ata 12 anos, participaron da festa do fútbol base en Ames, nas categorías biberón, prebenxamín, benxamín e alevín. Cómpre salientar que este ano, por primeira vez, incluíuse na Ames Cup un torneo para os rapaces e rapazas da categoría biberón na que participaron 8 equipos. O equipo anfitrión, o Bertamiráns FC, estivo representado con 12 equipos.

Ver máis novas


Ames Radio
Reproducir conWinampQuickTimeWindows Media PlayerReal Player

 

XV Carreira Pedestre Popular Concello de Ames


Ver máis


Máis do Concello

Administración electrónica

Administración electrónica

Os contribuíntes teñen a posibilidade de utilización da Oficina Virtual Tributaria.
Ler, xogar, gozar

Ler, xogar, gozar

As nosas bibliotecas son espazos de cultura e entretemento con programas de actividades durante todo o ano.
Somos solidarios

Somos solidarios

A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA) ofréceche unha chea de iniciativas solidarias nas que ti tamén podes participar.
Moito que ver

Moito que ver

Patrimonio, paisaxe, rutas, aloxamentos... Todo que precisas para preparares a túa visita ao noso territorio.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925