Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Novas

A concellería de Servizos Sociais e Igualdade organiza unha serie de obradoiros dirixidos ao desenvolvemento das habilidades sociopersoais das mulleres

[15-08-2018] A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá, ao longo do próximo mes de setembro, o desenvolvemento do “Taller de competencias emocionais e sociais para o benestar e a inclusión social”, dirixido ás mulleres amesás. Esta actividade, organizada pola concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Ames, está dividida en catro obradoiros a través dos que se busca facilitarlle ás mulleres do concello ferramentas para desenvolver as súas habilidades sociopersoais.

Preséntanse a auditoría enerxética das instalacións municipais do Milladoiro e Bertamiráns

[14-08-2018] O salón de plenos da Casa do Concello acolleu esta mañá a presentación da auditoría enerxética das instalacións municipais do Milladoiro e Bertamiráns, dentro da estratexia DUSI “Impulsa Ames”. Este traballo, que foi encargado polo goberno municipal á ELA INGENIERÍA MEDIO AMBIENTE, recolle a situación actual de consumo de 18 edificios municipais e as medidas de mellora deseñadas de forma individual para cada un deles. Unha auditoría que permitirá elaborar un plan de actuación para conseguir unha mellora enerxética en función do aforro, necesidades e confort dos seus traballadores/as e usuarios/as.

Sométese a información pública a aprobación inicial do proxecto de expropiación das parcelas necesarias para poder construír un novo CEIP no Milladoiro

[14-08-2018] O Diario Oficial de Galicia fixo público o pasado venres, 10 de agosto, o anuncio da aprobación inicial do proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, para poder executar o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións (PEID) para construír un novo CEIP na localidade do Milladoiro. O proxecto estará exposto por un prazo dun mes, para quen o estime oportuno poida presentar alegacións. Trátase dun paso máis no procedemento para dotar ao Milladoiro dun novo centro escolar, nunha superficie de 20.000 metros cadrados repartidos en 13 parcelas.

Ver máis novas


Ames Radio
Reproducir conWinampQuickTimeWindows Media PlayerReal Player

 

Ames, un Concello para vivir. Un Concello con Futuro


Ver máis


Máis do Concello

Administración electrónica

Administración electrónica

Os contribuíntes teñen a posibilidade de utilización da Oficina Virtual Tributaria.
Ler, xogar, gozar

Ler, xogar, gozar

As nosas bibliotecas son espazos de cultura e entretemento con programas de actividades durante todo o ano.
Somos solidarios

Somos solidarios

A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA) ofréceche unha chea de iniciativas solidarias nas que ti tamén podes participar.
Moito que ver

Moito que ver

Patrimonio, paisaxe, rutas, aloxamentos... Todo que precisas para preparares a túa visita ao noso territorio.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925