Pestanas principais

Bando informativo sobre a aldea modelo de Ferreiros

Venres, 19 abril, 2024
O Concello de Ames, a través dun bando de Alcaldía, informa que con motivo das actuacións da posta en marcha e desenvolvemento da “Aldea modelo de Ferreiros”, nos vindeiros días realizaranse traballos de recollida de documentación para investigar a propiedade das parcelas afectadas. Para facilitar ditas actuacións é necesario dispoñer da documentación que acredite a titularidade das mesmas.

DATAS:
-Luns, 22 de abril de 2024.
-Mércores, 24 de abril de 2024.

HORARIO:
• Mañá: de 10:00h a 14:00 horas.
• Tarde: de 15:00h a 17:00 horas.

LUGAR: Local Social de Agrón.

Multimedia