Pestanas principais

Nomeamento de funcionario de carreira e creación de lista de agarda do proceso selectivo dunha praza de arquitecto técnico

Mércores, 27 marzo, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co nomeamento de funcionario de carreira e creación de lista de agarda do proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto/a técnico funcionario/a de carreira, que figura como vacante e ten sido obxecto de inclusión para quenda libre ao abeiro da taxa de reposición de efectivos na oferta de emprego público correspondente ao ano 2022. As bases de dito proceso saíron publicadas o xoves 11 de maio de 2023, no Boletín Oficial da Provincia (BOP).