Pestanas principais

>Encontros literarios: "El libro que tu perro quiere que leas" de Patricia Guerrero

Xoves, 21 marzo, 2024
Ás 20:00 horas

O xoves 21 de marzo, Patricia Guerrero presenta no Pazo da Peregrina de Bertamiráns "El libro que tu perro quiere que leas", da editorial Grijalbo. É un acto organizado para humanos no que os cans tamén serán benvidos.

Trátase dunha guía para coñecer e entender aos nosos compañeiros caninos. Para iso, a autora propón unha viaxe polo arquipélago Piracán, no que aprenderemos a vivir e a desfrutar cos nosos cans. Nesta viaxe visitaremos a illa da esencia, para saber que precisa un can para sentirse libre e feliz; a illa da comunicación, onde poderemos compreder como se comunican; a illa de convivir, na que se sentaran as bases para unha convivencia armoniosa; e a illa do xogo, onde desfrutaremos xogando e apredendo xunto aos nosos compañeiros caninos de aventuras.

O departamento de Bibliotecas municipais de Ames organiza unha nova edición dos Encontros Literarios. Estas presentacións, que serven para dar a coñecer novas autoras, autores e proxectos literarios á veciñanza amesá, contaron cunha ampla participación ao longo das edición de 2021 e 2022.