Pestanas principais

>Encontros literarios: "La muerte de Alicia" de Ana Valín

Xoves, 22 febreiro, 2024
Ás 19:30 horas

O xoves 22 de febreiro, Ana Valín presenta no Pazo da Peregrina de Bertamiráns "La muerte de Alicia", da editorial El Talón de Aquiles. Trátase dunha novela que busca ser unha homenaxe á obra de Lewis Carroll "Alicia en el País de las Maravillas", como un recoñecemento de que medrar e deixar pasar o tempo sempre é necesarios se somos capaces de vivir en plenitude con nós mesmos.

O departamento de Bibliotecas municipais de Ames organiza unha nova edición dos Encontros Literarios. Estas presentacións, que serven para dar a coñecer novas autoras, autores e proxectos literarios á veciñanza amesá, contaron cunha ampla participación ao longo das edición de 2021 e 2022.