Pestanas principais

>Espectáculo musical "Ritmando"

Sábado, 16 marzo, 2024
Ás 18:00 horas

O sábado 16 de marzo, ás 18:00 horas, @s Jaloch@s levarán á Casa da Cultura de Bertamiráns o espectáculo "Ritmando". Dirixido a público familiar, é un espectáculo musical para xogar coa música e coa palabra. Un concerto participativo con xogos baseados no ritmo, na percusión corporal, no baile, na escritura creativa e na lingua de signos co obxectivo de fomentar de xeito divertido o uso do idioma, a inclusión, a igualdade e os valores sociais e colaborativos.

É precisa inscrición previa, entre o 8 e o 15 de marzo, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.