Pestanas principais

>Exposición "25 anos mirando ao ceo"

luns, 16 Outubro, 2023 a martes, 31 Outubro, 2023

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle co 16 ao 31 de outubro a exposición “25 anos mirando ao ceo” organizada polo Club de astronomía Vega, de Santiago de Compostela. Dita exposición conta coa colaboración do Concello de Ames.

O 19 de decembro de 1997 o club Vega comenzou a súa andadura. Para celebrar o 25 aniversario queren compartir con todos nós a súa afección a través dunha mostra de astrofotografías, saídas todas elas dos telescopios, obxectivos e cámaras dos seus socios/as.

Multimedia